Eventos
Eventos
Buscador
14/12/2021 11:00
No mes de outubro iniciamos un novo itinerario de Fabricación Dixital cun formato mixto, haberá talleres en liña e practicas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. O obxectivo é o de dar a coñecer e familiarizarse coas tecnoloxías implicadas nun proceso de fabricación dixital, non só a nivel teórico, senón que facemos especial fincapé en que o asistente teña un contacto real coa tecnoloxía e que poida experimentar con ela, que sexa capaz de deseñar unha peza en 3D e póidaa fabricar no Fab Lab en por si. O itinerario consta dun total de 50 h de formación. 30 horas de formación en liña onde se verán: Debuxo 3D con Onshape – 16 h Impresoras 3D de filamento, materiais - 8 h Impresoras 3D de resina, materiais – 4 h Escáner 3D – 2 h 20 horas de prácticas no Fab Lab Impresoras 3D filamento – 8 h Impresoras 3D resina – 8 h Escaneo 3D – 4 h Non é necesaria experiencia previa, o itinerario parte desde cero e dará comezo o día 5 de outubro e finalizará o 14 de decembro cunha cadencia de dous talleres semanais os martes e os xoves. Aforo limitado. Prazas dispoñibles 12. Estará dispoñible un certificado de asistencia ao itinerario onde se reflicten as horas de formación recibida e o temario detallado impartido. Para a obtención do devandito certificado é necesario asistir ao 75 % da formación en liña e ao 100% da formación presencial. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
14/12/2021 18:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Contido: 1. A comida é a protagonista 2. Que temos que ter en conta? 3. Iluminación 4. Composición e encadre 5. Atrezo 6. Tips de fotografía 7. Apps para editar fotografía gastronómica O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Rexistro
Calendario eventos
« | Decembro 2021 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Canva dende cero para impulsar o teu negocio15 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google16 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Como calcular a rendabilidade do teu aloxamento17 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Desenvolvemento de clientes paso a paso: explora, valida e lanza22 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Aplicacións de IA para automatizar procesos na túa empresa I23 de xullo de 2025 17:00Máis información
- Ferramentas de Google para usar no día a día do teu negocio28 de xullo de 2025 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento