Eventos
Eventos
Buscador
26/02/2018 19:00
O taller está dirixido a todas aquelas persoas que teñen páxina web ou que van crear unha nova. Explicarase o funcionamento da comunicación coa páxina web, só os aspectos máis básicos para poder entender os posibles perigos. Resaltaremos a importancia de ter unha certificado web instalado para evitar suplantacións de identidade da páxina web, sobre todo, se esta ten comercio electrónico. Informaremos sobre as penalizacións futuras no SEO, que aplicará Google, se a nosa páxina web non é segura e veremos algúns exemplos de certificados web. Dado que o taller está relacionado con aspectos de seguridade e estes, ás veces, necesitan dunha instalación e configuración personalizada, vemos que o taller está orientado a un usuario cun nivel intermedio-alto de coñecementos informáticos. Índice de contidos • Conceptos básicos de navegación Web. • Algúns perigos nas comunicacións Web. • Poñendo remedio á suplantación e a ataques MIM. • Na práctica. • Exemplos. O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
As redes sociais son unha vía de difusión de contidos cada vez máis necesaria para o noso negocio. Pero para coñecer se estamos a levar a cabo unha estratexia adecuada nelas é necesario analizar os datos que nos proporcionan: Para saber se aumentaron os nosos seguidores, que publicacións teñen un mellor rendemento ou en que momento é mellor publicar, debemos recorrer á analítica cuantitativa e á interpretación cualitativa de cada un dos datos obtidos. Neste taller aprenderemos a coñecer, localizar e interpretar as estatísticas das redes sociais máis populares para determinar se as estamos utilizando adecuadamente no noso plan de márketing. Índice de contidos 1. Introdución á analítica en Redes Sociais 2. Obxectivos e métricas máis importantes 3. Análise por rede social 3.1. Facebook 3.2. Instagram 3.3. Twitter 3.4. Linkedin 4. Ferramentas de analítica
Rexistro
Calendario eventos
« | Febreiro 2018 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 |
- Crea a túa páxina web con Elementor07 de xullo de 2025 11:00Máis información
- CRO: consegue que tu web venda (máis)08 de xullo de 2025 11:00Máis información
- Kit Dixital: como sacarlle o máximo proveito10 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Copywriting para web e redes sociais14 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Canva dende cero para impulsar o teu negocio15 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google16 de xullo de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento