Eventos

Buscador

    a
Os dispositivos  móbiles veñen de substituír ao ordenador nas nosas preferencias de navegación e interacción na internet e o seu uso segue avanzando. O márketing móbil ou mobile marketing debe por tanto estar presente na estratexia de comercialización das empresas turísticas. Esta tecnoloxía brinda moitas oportunidades aos pequenos negocios turísticos facéndoos máis competitivos a través dunha conexión directa, actualizada y xeolocalizada co turista.

Índice de contidos:
. Introducción.
. Qué é o Mobile Marketing?
.  Ferramentas do marketing móvil.
. Consellos e trucos prácticos para o marketing móvil.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola  Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola  Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
- Quinto programa – Mover  servos, montaxe en  protoboard do circuíto e programación 
-  Mapear, librería  servos
-  Servos,  potenciómetro,  condensador de  desacoplo 
- Sexto programa – montar  servos en chasis e movelo, montaxe en chasis de robot e programación 
- Programar avanzar, xiro dereita, xiro esquerda e retroceder 
- Chasis robot 
- Sétimo programa – teclado musical, montaxe en  protoboard do circuíto e programación 
- Matriz 
-  Zumbador

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Na actualidade, dado o gran número de competidores grazas á globalización e accesibilidade que permite internet, as empresas necesitan chegar ao consumidor dunha maneira intelixente e emotiva para diferenciarse do resto.  O Márketing de contidos busca atraer e reter aos clientes potenciais ofrecéndolles contido interesante e valioso co que sentan identificados e xeren unha  empatía cara á marca.

O taller céntrase nos aspectos que se deben ter en conta para  postear nun horario adecuado ao cliente, ver de que maneira hai que dirixirse a el ou coidar os detalles de cada publicación para lograr a maior taxa de  engagement posible.

Índice de contidos:
Que é o márketing de contidos?
Vantaxes de realizar unha estratexia baseada no márketing de contidos
Formatos e horarios óptimos
A importancia de ter un  timming mensual
Conclusións

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Neste obradoiro aprenderemos a planificar a nosa axenda e a dos nosos empregados desde esta aplicación na nube, sincronizando Google Calendar nos nosos dispositivos móbiles coa nosa axenda de contactos en Google. 
Podemos crear múltiples calendarios compartidos entre os diferentes usuarios da organización ou externos e organizar as citas cos nosos clientes ou provedores convidándoos a diferentes eventos, ós que nos darán a súa previa aceptación.

Índice de contidos:
• Planificación das miñas tarefas e reunións
• Creación e xestión de calendarios compartidos cos nosos empregados ou de perfís distintos dentro da empresa
• Invitación a reunións e citas cos nosos clientes ou provedores esixindo a súa aceptación
• Conexión coa axenda de contactos
• Sincronización cos dispositivos móbiles

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Google  Search  Console é unha ferramenta totalmente gratuíta que está a disposición de todos os usuarios co fin de axudarlles a mellorar o posicionamento SÉ das páxinas web dunha maneira simple e intuitiva.

O obradoiro céntrase en descubrir como saber manexar cada unha das ferramentas que Google  Search  Console pon a disposición dos empresarios e emprendedores  para optimizar a súa páxina web e ser atopados de maneira rápida e sen erros por Google e os seus robots, o que se traduce nunha procura efectiva para os consumidores finais. O uso de Google  Search  Console é unha estupenda oportunidade para ir subindo posicións nos buscadores e aparecer na primeira páxina de resultados a custo cero.

Índice de contidos:
1. Que é Google  Search  Console?
2. Por que debo de usalo?
3. Primeiros pasos para configuralo
4. Mellora os aspectos de procura con Google  Search  Console
5. Consegue aumentar o tráfico da túa páxina web
6. Outras funcións importantes
7. Resumo

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
O Social Media  Listening é unha ferramenta do márketing dixital que che permite crear contido co que crear  engagemente coa túa marca. Para iso supervísanse as conversacións en redes sociais co obxectivo de escoitar, analizar e mellorar os nosos produtos ou servizos adaptándoos ao consumidor.

Índice de contidos:
• Que é o Social Media  Listening?
•  Por que utilizalo? Vantaxes
•  Aspectos crave
•  Ferramentas
•  Casos de éxito
•  Recomendacións finais

O obradoiro será impartido por José Luis Penas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
Este taller dirixido a pemes e autónomos, e emprendedores onde se tratará de  contextualizar e mostrar que é un  Bot e como podemos utilizar os  Chatbot como modelo da automatización da atención ao cliente

Índice de contidos:
• Definición 
• Tipoloxías
• Ferramentas para crear o noso propio  chatbot 
• Caso práctico:  Chatbot para Facebook

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.