Eventos
Eventos
Buscador
Tripadvisor converteuse en apenas 20 anos nunha das maiores plataformas de viaxes do mundo con innumerables artículos, opinións, fotografías e vídeos inspiradores. Neste portal online os viaxeiros poeden ter información de valor para planificar mellor as súas viaxes e atopar fácilmente o seu voo, hotel, experiencia ou restaurante, comparar prezos e facer reservas. Coa súa última actualización Tripadvisor volveuse unha ferramenta máis personalizada e social coa que poder colaborar con outros, crear listas e seguir a familiares e amigos. Os viaxieros comparten e acceden a centos de millóns de opinións e contido relacionado con viaxes e as valoracións e a reputación das empresas turísticas son un elemento estratéxico que repercute no volume de vendas. Contidos: ¿Qué é TripAdvisor? ¿Para qué serve? ¿Cómo funciona o seu ranking? ¿Cómo dar de alta a túa empresa? Boas prácticas para incrementar as reseñas O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
28/01/2020 18:00
Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado. Índice de contidos: 1- Instalación de WordPress 2- Configuración básica 3- Manexo dos temas 4- Engadir entradas ao blogue 5- Engadir páxinas 6- Xestión de plugins e widgets 7- Xestionar comentarios 8- Actualizacións 9- Formularios 10- Copias de seguridade Nivel: intermedio O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, enxeñeiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
28/01/2020 18:00
O evento está enfocado para persoas empresarias e emprendedoras da zona do Condado e Paradanta e arredores. O obxectivo do encontro non é outro que coñecerse persoalmente, poder intercambiar experiencias e establecer relacións profesionais. Durante a xornada, as persoas asistentes presentarán brevemente a súa empresa ou proxecto ante o público, co fin de poder darse a coñecerse e crear sinerxias persoais e profesionais
28/01/2020 19:00
Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este taller ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible. Índice de contidos: • Introdución a LinkedIn • Como funciona LinkedIn • Optimización de perfil • Xeración de rede de contactos • Creación de páxina de empresas • Recomendacións finais O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
28/01/2020 19:00
Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos en xeral, explicarase de xeito práctico como crear anuncios segmentados na plataforma Facebook. Estes anuncios son vitais e forman parte da estratexia de mercadotecnia do seu negocio. Farase fincapé en cales deberían ser as estratexias das empresas das persoas asistentes. Recoméndase ter xa conta en Facebook para realizar as prácticas. Índice de contidos • Que é Facebook Ads? • Cales son as súas principais vantaxes? • Tipos de anuncios en Facebook • Estrutura das campañas de Facebook Ads • Vantaxes que ofrece o Power Editor • Como crear unha campaña co Power Editor • Como creo un conxunto de anuncios co Power Editor • Como configurar a mensaxe publicitaria segundo o tipo de anuncio • Público: o poder dunha boa segmentación • Optimización e prezos O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
28/01/2020 19:00
A estética nas nosas redes sociais cada día xera máis importancia, xa non só é importante publicar contido interesante se non que debe ir acompañado dunha imaxe traballada e que chame a atención. Unha boa imaxe, ademais de estar preparada á hora de fotografar, debemos poder darlle outro estilo, incluír información ou potenciala a través de algo de edición fácil e rápida co noso Smartphone. Neste taller veremos as apps de edición, deseño e creación de vídeo máis populares e útiles para sacar partido ás nosas redes sociais. (Realizaremos prácticas co teléfono para cada unha das apps que se expliquen no taller, recomendamos traer os vosos smartphones). 1. Tipos de publicacións en Instagram. 2. A importancia da imaxe nas Redes sociais. 3. Apps de edición de fotografía. 4. Apps de deseño. 5. Apps con outras aplicacións. 6. Apps de edición de vídeo. O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
Rexistro
Calendario eventos
« | Xaneiro 2020 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Copywriting para web e redes sociais14 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Canva dende cero para impulsar o teu negocio15 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google16 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Como calcular a rendabilidade do teu aloxamento17 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Desenvolvemento de clientes paso a paso: explora, valida e lanza22 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Aplicacións de IA para automatizar procesos na túa empresa I23 de xullo de 2025 17:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento