Eventos
Eventos
Buscador
13/01/2021 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. As viaxes e escapadas na actualidade poñen o foco en lugares cercanos e a gastronomía é un elemento fundamental de atracción en Rías Baixas. A oferta gastronómica ten un papel clave na imaxe, o posicionamento e competitividade dos destinos turísticos. Sen dúbida o sector gastronómico ten experimentado un gran crecemento nos últimos anos e hoxe en día a gastronomía está ao alcance de calquera que desexe vivir unha experiencia gastronómica. Isto fai que a competencia sexa moi elevada nun contexto de baixada do consumo e permanecer na mente dos consumidores non é unha tarefa fácil. Para iso faise imprescindible a creación dunha verdadeira experiencia gastronómica capaz de atraer á clientela e internet facilítanos múltiples canles para promocionar e comercializar esta oferta. Contidos: Introdución Apps e directorios Portales online para a venda de experiencias gastronómicas. Portales de compra colectiva, bonos e cofres regalo Chef e restaurante a domicilio. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo. Inscricións a través da seguinte ligazón:
13/01/2021 18:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Actualmente, os marketplace son un tipo de plataformas moi visitado por aqueles usuarios que queren realizar compras na internet. Trátanse de sitios web onde tanto os vendedores como os compradores poden relacionarse entre si e levar a cabo transaccións comerciais, desenvolvidas nas mellores condicións posibles. O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce. Inscricións a través da seguinte ligazón:
Rexistro
Calendario eventos
« | Xaneiro 2021 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- O teu plan de márketing dixital paso a paso03 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Crea a túa páxina web con Elementor07 de xullo de 2025 11:00Máis información
- CRO: consegue que tu web venda (máis)08 de xullo de 2025 11:00Máis información
- Kit Dixital: como sacarlle o máximo proveito10 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Copywriting para web e redes sociais14 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Canva dende cero para impulsar o teu negocio15 de xullo de 2025 10:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento