Eventos
Eventos
Buscador
Obradoiro telemático a través de Zoom. O segundo obradoiro dedicado ao SEO tratará sobre os factores externos que afectan á nosa páxina web e que inflúen no seu posicionamento e veremos as mellores prácticas SEO e a forma de medilas con analítica web para comprender e mellorar os resultados. Índice Contidos 1. Factores SEO Semántico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización. 2. Acciones SEO fora da páxina web: ligazóns externas e estratexias de linkbuilding. 3. Introdución á analítica web e guía de boas prácticas á hora de posicionar a nosa web O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.