Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro falaremos do sistema tributario español, os tributos, o seu funcionamento e a súa xestión dende a perspectiva dun establecemento comercial.

A súa estrutura será a seguinte:

•Diferenciación de tributos
•Identificación dos impostos que afectan o comercio
•Interpretación do IVE e rexistro periódico de facturas emitidas e recibidas
•Obrigacións fiscais derivadas dos impostos que gravan os beneficios: IRPF e Imposto de Sociedades


O obradoiro será impartido por Paz Ares, Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo na especialidade de economía pública, cun Máster en Formación do profesorado pola Universidade de Vigo, e experiencia profesional no sector financeiro e educativo.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

En España hai 20 millóns de usuarios de Instagram que pasan unha media de case unha hora na aplicación consumindo fotos e vídeos.
Se tes unha casa rural, vivenda turística ou un pequeno hotel podes utilizar esta rede ao teu favor para chegar a máis clientes.

Neste obradoiro falaremos de:

1. Como funciona o algoritmo de Instagram e como utilizalo ao noso favor
2. Como facer Stories e para que sirven
3. Que é un Reel e como funcionan
4. Vender a través de Instragram Shop
5. Outras ferramentas: Instragram Guides

O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital