Eventos

Buscador

    a
Snapseed é unha  app de uso exclusivo para móbiles, as súas posibilidades son moi amplas, pero céntrase na edición de fotografía, aínda que tamén podemos engadir texto, iconas, ou recortes e encadres.

Este taller é completamente práctico, usaremos a  app para conseguir diferentes resultados, probaremos todas as ferramentas e o seu uso en fotos diferentes, ao ser unha  app de teléfono, podes ir probando as ferramentas a medida que as vou explicando.
Pódeselle sacar moitísimo partido a esta aplicación.

Taller práctico sen presentación posterior.

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.

Inscricións a través da seguinte ligazón: