Eventos

Buscador

    a
27/04/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom

As persoas consumidoras de hoxe en día sinten que as cuestións éticas son cada vez máis importantes. Tanto é así, que estas mesmas persoas apoian firmemente ás empresas que incorporan valores significativos na súa actividade principal. Neste Obradoiro, analizaremos de cerca a sostibilidade e como se desenvolve tanto para os negocios como para o marketing. Como son as empresas sostibles e como pode o marketing sostible axudalas a ter éxito?

ÍNDICE:

1.	Que é o marketing sostible
2.	Boas prácticas 
3.	Casos de éxito


O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.

Inscricións a través da seguinte ligazón:

Calendario eventos

« Abril 2021 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30