Eventos

Buscador

    a
O obxectivo deste taller a introdución na creación de Aplicacións para dispositivos Android desde o punto de vista da robótica. Crearemos unha APP que sexa capaz de comunicarse bidireccionalmente coa placa Arduino, será capaz de enviar e recibir datos en tempo real; para iso, deseñaremos unha APP para controlar un robot con sensores de ultrasóns, debe funcionar en modo manual e automático á vez que mostrará a lectura do sensor en pantalla. O soft empregado para crear a APP é App Inventor e o soft para programar a placa Bitbloq.

Aínda que con App Inventor partimos desde 0, se é necesario ter coñecementos previos de programación con Arduino ou estar familiarizado coa contorna de programación de Bitbloq.

É recomendable traer o seu propio portátil e un dispositivo (móbil ou Tablet) Android. IO non vale. Tambien é necesario ter unha conta de GOOGLE.

Contido:
1-	Conexión  Bluetooth con App Inventor
2-	Programación de App para mover un robot, avanzar e retroceder
2.1-  Bitbloq programación básica
    2.2- App inventor programación avanzar e retroceder
    2.3- Melloras da interface gráfica
3- Engadindo xiros á APP, dereita e esquerda
    3.1 - Bitbloq, programando con funcións e engadindo xiros
    3.2- App Inventor, engadindo os xiros

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
(ESTE OBRADOIRO IMPARTIRASE NA SALA DE XUNTAS DO CENTRO COMERCIAL AROUSA)

Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas.

Contido:
• Introdución ao E-mail Marketing
• Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing
• Deseño en E-mail Marketing
• Ferramentas
• Recomendacións para crear campañas perfectas

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma.

Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. 

Índice de contidos

• Introdución a Instagram
• Por que a miña empresa debería estar en Instagram?
• O perfil de empresa en Instagram
• Estratexia de contidos
• Marcas nas que inspirarte

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Desde a súa popularización, o fin último das redes sociais non foi a venda directa, senón o “social selling”. É dicir, a súa utilización por parte de negocios ou profesionais consistía en conectar e fomentar conversacións con posibles clientes e clientes, co fin de establecer unha relación de confianza e acompañalos no proceso de compra. 
Pero, e se unha vez afianzada esta relación de confianza, sen saír da rede social, permitimos que os nosos clientes dispoñan do noso catálogo de produtos para a súa compra (case) directa? Dous das redes con máis usuarios activos na actualidade, Facebook e Instagram, xa o permiten, e neste taller veremos os requisitos, configuración e estratexias para implementar o noso catálogo de produtos en Facebook e poder compralo directamente desde as nosas publicacións en Facebook e Instagram.

Índice de contidos

- Introdución: As RRSS como ferramenta de venda directa
- Crea a túa tenda en Facebook
- Vende a través de Instagram
- Exemplos de éxito

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.

Contido:
1. Que significa emprender
2. Casos de emprendemento locais
3. Como detectar oportunidades
4. Ferramentas necesarias para o emprendemento


O taller será impartido por Avelino Correa, fundador da APP CreapCuentos. Colaborador de eventos de emprendemento, con máis de 16 anos de experiencia no campo da Tecnoloxías de Información e Comunicación.
O mercado de aluguer vacacional está en auxe e pode ser unha boa oportunidade de negocio para os propietarios de vivivendas e apartamentos. É necesario unha xestión con novas estratexias de comercialización e márketing en liña para aumentar as reservas e o beneficio que xeran as mesmas aos empresarios.

Índice de contidos:

• Clasificación e requisitos legais
• Plataformas de comercialización en liña
• Reservas e Check-in en liña
• Como mellorar a experiencia do usuario

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento dos usuarios no noso sitio web para que podamos mellorar a súa experiencia e conseguir os nosos obxectivos. Obtendo esta información e interpretándoa correctamente, poderemos chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais. 

Índice de contidos:
• Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web
• Como funciona Google Analytics?
• Creación dunha conta e código de seguimento
• Conceptos e métricas básicas
• Os obxectivos – Embudes de conversión
• Informes estándar
• Informes personalizados

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
A estética nas nosas redes sociais cada día xera máis importancia, xa non só é importante publicar contido interesante se non que debe ir acompañado dunha imaxe traballada e que chame a atención.
Unha boa imaxe, ademais de estar preparada á hora de fotografar, debemos poder darlle outro estilo, incluír información ou potenciala a través de algo de edición fácil e rápida co noso Smartphone.
Neste taller veremos as apps de edición, deseño e creación de vídeo máis populares e útiles para sacar partido ás nosas redes sociais.

(Realizaremos prácticas co teléfono para cada unha das apps que se expliquen no taller, recomendamos traer os vosos smartphones).

1.	Tipos de publicacións en Instagram.
2.	A importancia da imaxe nas Redes sociais.
3.	Apps de edición de fotografía.
4.	Apps de deseño.
5.	Apps con outras aplicacións.
6.	Apps de edición de vídeo.

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
Hoxe en día triunfa o contido efémero nas redes sociais: contidos numerosos, de consumo rápido e cunha calidade inferior á do contido permanente. Por que se fixo tan popular este formato? Neste taller responderemos a estas preguntas e coñeceremos como crear este tipo de contido a través das Historias ( Stories) de Facebook e Instagram, sempre integrados na nosa estratexia de márketing. 

Índice de contidos:
• Importancia do contido efémero en RRSS: As " Stories"
• Facebook Stories
• Instagram Stories
• Estratexia de contidos

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa
Neste obradoiro veremos como integrar o vídeo na túa estratexia de marketing online, recomendacións para realizar vídeos que provoquen engagement entre a túa audiencia e cales son as redes sociais (YouTube, Facebook...) que che facilitaran a tarefa de difundilos.	

Índice de contidos

• Vídeo marketing y razóns polas que incluílo na túa estratexia
• Youtube
• Vídeo noutras redes sociais: Facebook, etc.
• Aspectos técnicos e estéticos para a realización de vídeos

O obradoiro será impartido por Natalia Martínez, xornalista especializada en comunicación corporativa e márketing dixital, con máis de 10 anos de experiencia executando proxectos dixitais multidisciplinares e asesorando a empresas e marcas. Nos últimos anos foi docente especialista en publicidade dixital e analítica web para o Máster de Márketing Dixital da USC.
Anterior  1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61  62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162  Seguinte

Calendario eventos

« Xuño 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30