Eventos
Eventos
Buscador
14/07/2022 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Este obradoiro ten o obxectivo de dar a coñecer ao asistente os riscos aos que estamos expostos ao navegar por internet. A dixitalización, a crise sanitaria e a actual guerra son o campo de batalla perfecto para que os ciberdelincuentes despreguen todo o seu potencial delituoso e debemos de ser coñecedores deste tipo de riscos. Índice de contido - Ciberataques, que é un ciberataque. - Mapa mundial de ciberataques en tempo real. - Obxectivos dos ciberdelincuentes. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom. O mundo dixital representa un modelo de negocio e un crecemento empresarial. Por que este potencial non o poden empregar tamén asociacións, fundacións, cooperativas ou empresas con fins sociais? Neste taller revisaremos as principais estratexias en liña, as ferramentas e as canles máis axeitadas dispoñibles para as entidades do terceiro sector para funcionar no contorno dixital, atendendo aos seus principais obxectivos e necesidades. 1. Introdución. 2. Obxectivos e particularidades do terceiro sector no ámbito dixital. 3. Estratexias e canles de captación, captación de fondos e imaxe corporativa. 4. Ferramentas. 5. Exemplos de éxito. O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing en liña.
21/07/2022 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Paras a pensar no tempo que perdes en poder axustar e axenciar as citas dos teus clientes no teu negocio? A produtividade, ademais de aplicarse nas nosas tarefas máis sólidas, tamén aplica a estos tempos de organización do noso día a día, por iso, este obradoiro vaiche axudar a poder organizar o teu tempo e ter máis produtividade diaria. Coñeceremos a utilizar ferramentas online que nos axuden a automatizar estos procesos de calendarización de citas. 1. Vantaxes de usar Apps de automatización de citas 2. Tipos de Apps 3. Apps online para axenciar citas O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
26/07/2022 12:00
Tanto se estás nunha fase de emprendemento, coma se xa tes un negocio consolidado, Google conta cunha ampla variedade de ferramentas que poden axudarche a ser máis eficiente e conseguir os teus obxectivos. Se estás a pensar unicamente nas ferramentas de Google máis populares, como Gmail ou Google Drive, e que xa utilizas na túa día a día, este obradiro sorprenderache: descubriremos ferramentas e funcionalidades das devanditas ferramentas moi prácticas e que non son tan coñecidas. Índice: - Por que Google? - Ferramentas de inspiración - Ferramentas Google de investigación - Ferramentas Google de produtividade - Ferramentas Google para sitios web e tendas en liña O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
27/07/2022 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Aprenderás con estos plugins ou complementos de Wordpress a ter unha web moito máis robusta, xa que con eles podemos perfeccionar ou directamente agregar funcionalidades á nosa web. Poderemos realizar diferentes tarefas en áreas como: Funcións de administrador do site, google, redes sociais, ecommerce, SEO, correo electrónico, galería de imaxes, analítica, idiomas, entre outros. De seguro que poderás mellorar a túa web e ampliar os teus coñecementos á hora de coñecer todo este tipo de axudas e vantaxes. Índice de contidos: •Que é un plugin ou complementos de WordPress? •Categorías de plugin ou complementos en WordPress. •Como usar un plugin ou complementos. •Listas de plugin ou complementos, máis usados, función. •Edición dun plugin. O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
28/07/2022 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Booking.com é o principal portal en liña na venda de aloxamento no noso país. É a maior OTA, Axencia de viaxes en liña, tanto por ingresos como por pernoitas. Booking, conta con 430 millóns de usuarios anuais e máis de 1 millón de reservas por día. Este portal en liña visibiliza anuncios de propiedades en máis de 227 cidades, está dispoñible en máis de 40 idiomas e recibe 4,5 millóns de reservas á semana. Este obradoiro está orientado a persoas emprendedoras, persoas autónomas e a empresas do sector turístico no que abordaremos cómo crear e optimizar anuncios de aloxamentos e cáles son as condicións e vantaxes de formar parte desta plataforma dixital. Contidos: 1. Introdución 2. Crear anuncios de aloxamentos. 4. Optimización de nuncios. 5. Boas prácticas. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xuño 2022 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 |
- Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest28 de xuño de 2022 12:00Máis información
- Copywriting aplicado a web e redes sociais28 de xuño de 2022 18:00Máis información
- Vende os teus produtos en Facebook e Instagram29 de xuño de 2022 12:00Máis información
- FABRICACIÓN DIXITAL. Escáner 3D30 de xuño de 2022 11:00Máis información
- Aprende a elixir as palabras clave para a túa estratexia SEO e SEM04 de xullo de 2022 10:00Máis información
- FABRICACIÓN DIXITAL. Debuxo con Onshape VII - Proxecto final I05 de xullo de 2022 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento