Eventos
Eventos
Buscador
01/06/2020 12:00
Daremos a coñecer a ferramenta Whatsapp Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería Whatsapp. Con esta app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes. O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
02/06/2020 12:00
Sabes que o footer é un elemento imprescindible en calquera páxina web? Neste obradoiro online poderás coñecer cómo sacarlle o mellor partido a esta sección, a cal a maioría das veces non se lle presta a atención e pasa inadvertida. Coñecerás que é o footer, elementos a inserir e consellos para optimizalo. O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
02/06/2020 17:00
O obxectivo deste taller será optimizar e profesionalizar a túa páxina de Facebook como os profesionais. É recomendable ter unha páxina creada xa que, a partir dela, profundaremos nos temas clave nos que debemos traballar para que teña maior visibilidade 1) Alcance en Facebook: Que é e como melloralo 2) Píxel de Facebook. 3) Facebook Messenger e BOT de Messenger 4) Botón de WhatsApp en Facebook 5) Mellores ferramentas para crear imaxes en Redes Sociais 6) Insignias e verificación 7) Crear sorteos e concursos con Facebook O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
03/06/2020 12:00
Hoxe en día triunfa o contido efémero nas redes sociais: contidos numerosos, de consumo rápido e cunha calidade inferior á do contido permanente. Por que se fixo tan popular este formato? Neste taller responderemos a estas preguntas e coñeceremos como crear este tipo de contido a través das Historias ( Stories) de Instagram, sempre integrados na nosa estratexia de márketing. Índice de contidos: • Importancia do contido efémero en RRSS: As " Stories" • Instagram Stories • Estratexia de contidos O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
04/06/2020 12:00
Cando iniciamos un proxecto temos que ter en conta a parte máis visual do noso futuro negocio, pero a medida que evolucionemos como marca, a nosa identidade definirannos cara ao noso público obxectivo. Neste obradoiro faremos un percorrido por todos os puntos a tocar para crear a túa marca, e como definir a nosa estética, deste xeito recoñecerannos máis facilmente e transmitiremos unha serie de valores para os que queremos ser recoñecidos. Recomendacións para escoller o nome da nosa empresa, incluso aplicacións visuais e como adaptar a nosa imaxe de marca a elementos visuais e de márketing. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
04/06/2020 17:00
O mercado de aluguer vacacional está en auxe e pode ser unha boa oportunidade de negocio para os propietarios de vivivendas e apartamentos. É necesario unha xestión con novas estratexias de comercialización e márketing en liña para aumentar as reservas e o beneficio que xeran as mesmas aos empresarios. Índice de contidos: • Clasificación e requisitos legais • Plataformas de comercialización en liña • Reservas e Check-in en liña • Como mellorar a experiencia do usuario O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
05/06/2020 12:00
Onshape é un software de debuxo 3D na nube, dispón dunha interface sinxela e intuitiva que facilita a súa aprendizaxe, execútase nunha navegador web e dispón dunha versión gratuíta. O obxectivo con estes talleres é o de aprender o manexo do software mediante a realización de distintos debuxos que iremos realizando paso a paso. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
08/06/2020 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos tratará de mostrar os pasos necesarios a seguir para que unha idea se converta nun negocio. Veremos a importancia de xerar unha marca rodeada de valores que nos fagan únicos e identificables no mercado e como seguir unha estratexia para alcanzar o noso obxectivo. Tamén veremos a importancia de atender a unha serie de consideracións iniciais para minimizar os riscos. Contidos: • Definir o modelo de negocio • Branding • Ferramentas para usar • A estratexia de contido • Análise dos resultados • A comunidade e a miña reputación en liña O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos. Inscricións a través da seguinte ligazón:
09/06/2020 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa. Inscricións a través da seguinte ligazón:
09/06/2020 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas. Contido: • Introdución ao E-mail Marketing • Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing • Deseño en E-mail Marketing • Ferramentas • Recomendacións para crear campañas perfectas Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. Inscricións a través da seguinte ligazón: