Eventos

Buscador

    a
Sabes que o footer é un elemento imprescindible en calquera páxina web? Neste obradoiro online poderás coñecer cómo sacarlle o mellor partido a esta sección, a cal a maioría das veces non se lle presta a atención e pasa inadvertida. Coñecerás que é o footer, elementos a inserir e consellos para optimizalo.

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
O obxectivo deste taller será optimizar e profesionalizar a túa páxina de Facebook como os profesionais. É recomendable ter unha páxina creada xa que, a partir dela, profundaremos nos temas clave nos que debemos traballar para que teña maior visibilidade

1) Alcance en Facebook: Que é e como melloralo
2) Píxel de Facebook.
3) Facebook Messenger e BOT de Messenger
4) Botón de WhatsApp en Facebook
5) Mellores ferramentas para crear imaxes en Redes Sociais
6) Insignias e verificación
7) Crear sorteos e concursos con Facebook

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.