Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Daremos a coñecer a ferramenta WhatsApp Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería WhatsApp. Con esta app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes.

Índice de contidos:
 -Introdución a WhatsApp
 -Whatsapp vs. WhatsApp Business
 -Crear unha conta en WhatsApp Business
 -Novas funcionalidades

O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

O Social Media Listening é unha ferramenta do márketing dixital que permite facer contido co que crear compromiso coa túa marca. Para iso supervísanse as conversacións en redes sociais co obxectivo de escoitar, analizar e mellorar os nosos produtos ou servizos adaptándoos ao consumidor.

Contidos:

- Que é o Social Media Listening?
- Por que utilizalo? Vantaxes
- Aspectos clave para realizar un análise
- Ferramentas 
- Casos real
- Conclusións

O obradoiro será impartido por Jose Luís Taboada, asesor da OAPR Cambados con 25 anos de experiencia no sector e especializado en sistemas informáticos.

Calendario eventos

« Xuño 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30