Eventos
Eventos
Buscador
22/07/2025 10:00
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Este obradoiro será presencial en Ponteareas (Plaza Mayor, 13; 36860 - Ponteareas) Introducirémoste nunha metodoloxía clave para emprendedores e equipos de innovación: un enfoque sistemático para descubrir, comprender, validar e atender aos teus clientes reais, máis aló dos supostos iniciais. Este enfoque é fundamental para quen desenvolva unha nova idea de negocio, lance un produto innovador ou busque adaptar o seu modelo actual ao que realmente necesita o mercado. Índice de contidos: 1. Descubrimento de clientes 2. Validación do cliente 3. Xeración de clientes 4. Creación da empresa O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en comunicación e formadora acreditada; con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento.
23/07/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Aprender as claves sobre copywriting para crear mensaxes estratéxicas que capturen a atención da túa audiencia en web e redes sociais, a través da exploración de técnicas de redacción que axudarán a comunicar o valor da túa marca. Índice de contidos: 1. Que é o Copywriting? 2. Tipos de Copywriting 3. Como escribir un bo copy 4. Como usar o copywriting no meu web 5. Como usar o copywriting nas miñas redes sociais O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, cunha ampla experiencia en márketing dixital e ecommerce.
23/07/2025 17:00
A través da OAPR de Cambados estase a organizar o seguinte obradoiro para SmartPeme. Este obradoiro será presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados) Nesta primeira parte do obradoiro ten como obxectivo introducirvos no mundo da automatización desde a perspectiva dun principiante e formar profesionais e líderes empresariais no uso práctico de ferramentas de Intelixencia Artificial para automatizar procesos, mellorar a eficiencia operativa e optimizar a toma de decisións nas súas organizacións. Índice de contidos: 1. Introdución á automatización 2. Recursos de automatización de IA 3. Que é a automatización? 4. NoCode VS Programación 5. Creación dun escenario en Make 6. Conexión de Make con outras plataformas 7. Entrada, saída e paquetes 8. Creación dun escenario como exemplo O obradoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
28/07/2025 11:00
Este obradoiro será presencial en A Estrada (Pza. Martínez Anido, 4 - 36680 Estrada). Sintes que poderías organizar mellor o teu día a día, pero non sabes por onde comezar? Neste obradoiro, descubrirás como sacar o máximo proveito de ferramentas gratuítas e potentes. Aprende a xestionar o teu tempo, os teus ficheiros e as túas comunicacións de forma eficiente e sinxela, desde calquera dispositivo. Ideal para emprendedores, autónomos e pequenas empresas que queiran dixitalizarse sen complicacións. Índice de contidos: 1. Por onde comezar? Claves para mellorar a xestión diaria 2. Google Drive: organiza e comparte os teus arquivos na nube 3. Google Calendar: planificación e control do teu tempo 4. Gmail, Docs e Sheets: comunicación e produtividade en equipo 5. Google My Business: presenza online do teu negocio 6. Boas prácticas e trucos para traballar dende calquera dispositivo O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa
29/07/2025 12:00
Obradoiro online a través de Zoom. Aprende a dar os teus primeiros pasos no deseño 3D con OnShape para ter éxito de forma práctica e divertida. Neste obradoiro crearás os teus primeiros debuxos nun plano, transformarás imaxes ou diagramas en figuras xeométricas e darás vida aos teus deseños, elevándoos ao mundo tridimensional. Unha introdución perfecta para comezar a modelar en 3D sen necesidade de instalar programas. Índice de contidos: 1. Introdución a OnShape e ao deseño 3D en liña 2. Creación de bosquexos 3. Ferramentas básicas de deseño: liñas, círculos, extrusións 4. Converter imaxes ou planos en figuras 2D 5. Pasar de 2D a 3D: extruir, remexer e moito máis 6. Pequenos proxectos para practicar e experimentar co deseño O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Educación e Formación) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC e experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Administrador de redes e sistemas.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xullo 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
- Desenvolvemento de clientes paso a paso: explora, valida e lanza22 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Copywriting para web e redes sociais23 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Aplicacións de IA para automatizar procesos na túa empresa I23 de xullo de 2025 17:00Máis información
- Ferramentas de Google para usar no día a día do teu negocio28 de xullo de 2025 11:00Máis información
- Deseño 3D online con OnShape 2, Deseño básico29 de xullo de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento