Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

Paras a pensar no tempo que perdes en poder axustar e axenciar as citas dos teus clientes no teu negocio? A produtividade, ademais de aplicarse nas nosas tarefas máis sólidas, tamén aplica a estos tempos de organización do noso día a día, por iso, este obradoiro vaiche axudar a poder organizar o teu tempo e ter máis produtividade diaria. Coñeceremos a utilizar ferramentas online que nos axuden a automatizar estos procesos de calendarización de citas.

1. Vantaxes de usar Apps de automatización de citas
2. Tipos de Apps
3. Apps online para axenciar citas

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
O obxectivo do itinerario é de iniciarse e adquirir certa soltura cun das linguaxes de programación máis populares actualmente como é Arduino, farémolo desenvolvendo unha serie de talleres teóricos en liña e realizaremos talleres prácticos para experimentar o aprendido desenvolvendo montaxes como programar unha man mecatrónica, un brazo robótico ou un sistema hidropónico.

O itinerario completo é de 24 h de formación, 12 teóricas e 12 prácticas

Divídese en dous partes:

- Programación con Arduino I, son 4 talleres 3 deles teóricos de 2 horas de duración cada un e en liña e un cuarto taller práctico presencial de 4 horas. Facendo un total de 10h formativas.

- Programación con Arduino II, son 5 talleres 3 deles teóricos de 2 horas cada un e en liña e outros 2 prácticos presenciais de 4 horas cada un. Facendo un total de 14 horas formativas.

Índice de contidos Programación con Arduino I. Teórico III. 2 horas

-	Potenciómetro
-	Mapear
-	Sensor IR
-	Porto Serie
-	Bucle if … if else…. else if
-	Programación dunha man mecatrónica

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Anterior  1 2 3