Eventos
Eventos
Buscador
12/06/2024 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom En numerosas ocasións os emprendedores e empresas consolidadas lánzanse a realizar accións de márketing online, sen ter un plan de márketing dixital previo: publicar calquera contido e en calquera momento en redes sociais, crear un artigo no blogue sen realizar un estudo previo da temática, facer publicidade sen un obxectivo claro… A consecuencia: o fracaso das súas campañas dixitais. Un Plan de Márketing Dixital é esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online. Neste taller entenderemos que é un plan de márketing dixital, para que serve e como crear o noso paso a paso cun exemplo real. Contidos: • Que é un Plan de Márketing Dixital • Por que o necesito? Beneficios • Pasos para crear o teu Plan de Márketing Dixital O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
20/06/2024 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Daremos a coñecer a ferramenta WhatsApp Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería WhatsApp. Con esta app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes. Índice de contidos: -Introdución a WhatsApp -Whatsapp vs. WhatsApp Business -Crear unha conta en WhatsApp Business -Novas funcionalidades O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
25/06/2024 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. O Social Media Listening é unha ferramenta do márketing dixital que permite facer contido co que crear compromiso coa túa marca. Para iso supervísanse as conversacións en redes sociais co obxectivo de escoitar, analizar e mellorar os nosos produtos ou servizos adaptándoos ao consumidor. Contidos: - Que é o Social Media Listening? - Por que utilizalo? Vantaxes - Aspectos clave para realizar un análise - Ferramentas - Casos real - Conclusións O obradoiro será impartido por Jose Luís Taboada, asesor da OAPR Cambados con 25 anos de experiencia no sector e especializado en sistemas informáticos.