Eventos
Eventos
Buscador
13/04/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Obxectivo: As restricións e confinamentos fixeron que o xeito de comunicarse no entorno empresarial cambiou, recorremos a ferramentas en liña como videoconferencia ou plataformas de transmisión e fixémolo de forma precipitada, pensando nunha solución de emerxencia temporal e en moitos casos sen ser claro como facelo e descoidando aspectos fundamentais como a imaxe corporativa transmitida. O obxectivo deste itinerario formativo é mellorar os eventos en liña que levamos a cabo cos nosos clientes, a difusión do noso contido e, en xeral, calquera comunicación empresarial en liña. 7º Sesión imaxe: “Como emitir o teu evento en liña de maneira profesional VII – Crea con Canva e Photopea” - Logo sen fondo. - Crear grafismos para streaming - Vídeo: montaxes sinxelas, edición básica. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa. Inscricións a través da seguinte ligazón:
13/04/2021 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Este obradoiro ten como obxectivo ensinar aos asistentes a importancia de crear un blogue de calidade dentro da súa páxina web, como facelo, os seus beneficios e sobre todo como optimizalo para xeral o maior tráfico desde o posicionamento SEO e as redes sociais. Índice de contidos: - Que é un blogue? - Como se crea un blogue? Publicación de entradas. - Aspectos que melloran o posicionamento SÉ. - Postear entradas en redes sociais. - Xera contido para redes sociais co contido estático da túa páxina web. - Ferramentas de interese. O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
14/04/2021 18:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Índice de contidos 1. Definición de Turismo Sostible 2. Axenda 2030 4. Acreditacións 5. Boas prácticas en turismo O taller será impartido por Mariana Rosa, Técnica superior en Axencia de viaxes e xestión de eventos e Graduada en Turismo, que conta cunha gran experiencia no ámbito da comunicación turística e os seus beneficios para este sector. Inscricións a través da seguinte ligazón:
Obradoiro telemático a través de Zoom Obxectivo: As restricións e confinamentos fixeron que o xeito de comunicarse no entorno empresarial cambiou, recorremos a ferramentas en liña como videoconferencia ou plataformas de transmisión e fixémolo de forma precipitada, pensando nunha solución de emerxencia temporal e en moitos casos sen ser claro como facelo e descoidando aspectos fundamentais como a imaxe corporativa transmitida. O obxectivo deste itinerario formativo é mellorar os eventos en liña que levamos a cabo cos nosos clientes, a difusión do noso contido e, en xeral, calquera comunicación empresarial en liña. 8º Sesión: “Como emitir o teu evento en liña de maneira profesional VIII – OBS III” - Conexión cámara Web - Conexión cámara móbil – Droid Cam e IvCam - Elección de micrófono O taller será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación. Inscricións a través da seguinte ligazón:
15/04/2021 18:00
Obradoiro emitido por Zoom Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado. Índice de contidos: 1- Instalación de WordPress 2- Configuración básica 3- Manexo dos temas 4- Engadir entradas ao blogue 5- Engadir páxinas 6- Xestión de plugins e widgets 7- Xestionar comentarios 8- Actualizacións 9- Formularios 10- Copias de seguridade Nivel: intermedio O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce. Inscricións a través da seguinte ligazón:
20/04/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma. Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. Índice de contidos • Estratexia de contidos • Marcas nas que inspirarte Nivel: iniciación O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Inscricións a través da seguinte ligazón:
21/04/2021 11:00
Obradoiro impartido por Zoom O mercado de aluguer vacacional está en auxe e pode ser unha boa oportunidade de negocio para os propietarios de vivivendas e apartamentos. É necesario unha xestión con novas estratexias de comercialización e márketing en liña para aumentar as reservas e o beneficio que xeran as mesmas aos empresarios. Índice de contidos: • Clasificación e requisitos legais • Plataformas de comercialización en liña • Reservas e Check-in en liña • Como mellorar a experiencia do usuario O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo. Inscricións na seguinte ligazón:
22/04/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Índice: Conceptos básicos Que é o Blockchain Vinculación co Bitcoin Identidade Dixital Smart Contract Exemplos de uso O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación. Inscricións a través da seguinte ligazón:
22/04/2021 18:00
Obradoiro impartido mediante Zoom Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado. Índice de contidos: 1- Instalación de WordPress 2- Configuración básica 3- Manexo dos temas 4- Engadir entradas ao blogue 5- Engadir páxinas 6- Xestión de plugins e widgets 7- Xestionar comentarios 8- Actualizacións 9- Formularios 10- Copias de seguridade Nivel: intermedio O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce. Inscricións na seguinte ligazón:
27/04/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom As persoas consumidoras de hoxe en día sinten que as cuestións éticas son cada vez máis importantes. Tanto é así, que estas mesmas persoas apoian firmemente ás empresas que incorporan valores significativos na súa actividade principal. Neste Obradoiro, analizaremos de cerca a sostibilidade e como se desenvolve tanto para os negocios como para o marketing. Como son as empresas sostibles e como pode o marketing sostible axudalas a ter éxito? ÍNDICE: 1. Que é o marketing sostible 2. Boas prácticas 3. Casos de éxito O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. Inscricións a través da seguinte ligazón:
Rexistro
Calendario eventos
« Maio 2020 »
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Como emitir o teu evento en liña de maneira profesional VII – Crea con Canva e Photopea13 de abril de 2021 12:00Máis información
- Mellora a túa presenza en liña promocionando as entradas do teu blog13 de abril de 2021 17:00Máis información
- Como mellorar a sustentabilidade do teu establecemento turístico14 de abril de 2021 18:00Máis información
- Como emitir o teu evento en liña de maneira profesional VIII – OBS III15 de abril de 2021 12:00Máis información
- Crea unha páxina profesional con WordPress I15 de abril de 2021 18:00Máis información
- Como utilizar Instagram para promover a túa empresa II20 de abril de 2021 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento