Ferramentas de chat e atención ao cliente

Data Inicio:  01/07/2020 12:00    
Data Fin:  01/07/2020 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Cada vez é máis común visitar unha páxina web ou facer unha compra en liña acompañados por unha persoa empregada do negocio que nos guía e axuda nese trámite a través dun chat. É por iso, que os chats constitúen unha ferramenta idónea para mellorar a nosa canle de atención ao cliente e aumentar a súa confianza e fidelidade. Neste obradoiro coñecerás cáles son as vantaxes destas ferramentas, coñecerás en vivo cál é o funcionamento básico e outras opcións para todo tipo de xestores de contidos.

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Url do Evento: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScCTTKbXRsR9OBt3G-HdBpB6mbmLD0wslkAyMCrROCHLYTgHw/viewform?usp=sf_link
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse