Evento
Cambados - Colabora có teu equipo dun xeito máis sinxelo
Data Inicio: | 19/02/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 19/02/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Cambados | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
O obradoiro vai dirixido a todos aqueles emprendedores e empresarios que necesiten modernizar o modo nos que se comunican os seus traballadores, tendo sempre en conta que a comunicación en tempo real permite tanto a innovación, como a competitividade. Coa velocidade de desenvolvemento vertixinosa de hoxe en día, é necesario simplificar a comunicación e apostar por unha organización accesible a todos. Coñeceremos unha ferramenta moi útil e versátil como " SLack" para poder levar a cabo todas estas ideas. Índice de contidos 1. Traballo en equipo. 2. Simplificación da comunicación. 3. Procura da información. 4. Optimización de fluxos de traballo. 5. Exemplo práctico. Slack. O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse