Eventos
Eventos
Buscador
19/02/2018 19:00
O obradoiro vai dirixido a todos aqueles emprendedores e empresarios que necesiten modernizar o modo nos que se comunican os seus traballadores, tendo sempre en conta que a comunicación en tempo real permite tanto a innovación, como a competitividade. Coa velocidade de desenvolvemento vertixinosa de hoxe en día, é necesario simplificar a comunicación e apostar por unha organización accesible a todos. Coñeceremos unha ferramenta moi útil e versátil como " SLack" para poder levar a cabo todas estas ideas. Índice de contidos 1. Traballo en equipo. 2. Simplificación da comunicación. 3. Procura da información. 4. Optimización de fluxos de traballo. 5. Exemplo práctico. Slack. O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
19/02/2018 19:00
Este obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que promover a empresa como imaxe de marca, así como os seus produtos ou servizos. Valoraremos ferramentas que lles facilitan ós seus clientes actuais e futuros un acceso rápido á información sobre a nosa empresa, os seus produtos, servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. Índice de contidos • Introdución: mercadotecnia dixital • Mercadotecnia sectorial • Mercadotecnia viral • E-mail marketing • Publicidade O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
19/02/2018 19:00
Neste obradoiro veremos as peculiaridades técnicas e compositivas á hora de gravar e montar vídeo cun teléfono ou tablet. Saber onde esta o micrófono, como debemos soster o terminal ou como manter limpa a lente son aspectos que poden facernos gañar calidade aos nosos vídeos. No ámbito creativo repasaremos as principios básicos da regra dos terzos e o polémico plano vertical en vídeo para redes sociais. Todo se plasmará de forma práctica coa app gratuíta FILMORA, dispoñible para IOS e Android. (é recomendable ter a aplicación instalada para o curso). Índice de contidos • Peculiaridades dun móbil para gravar vídeo. • Encadre e regra dos terzos. • Formato panorámico ou vertical ? • Facer clips de vídeo. • Práctica , gravación e montaxe en Filmora. O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.