Evento
Growth Márketing: estratexias para un crecemento sostible do teu negocio
| Data Inicio: | 18/01/2024 12:00 | ||
| Data Fin: | 18/01/2024 13:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Chamamos Growth Márketing (que poderiamos traducir como Márketing de Crecemento) ao conxunto de técnicas e estratexias do márketing dixital orientadas a un crecemento sostido no tempo da nosa empresa ou proxecto, sempre en base ao estudo de datos e á metodoloxía ensaio/erro. Este concepto nace doutro similar, o Growth Hacking. Utilizando moitas veces os seus métodos, o Growth Márketing pon con todo ao usuario no centro, dentro dunha estratexia que busca resultados tamén a longo prazo. 1- Que é o Growth Márketing? 2- Diferenzas entre Growth Márketing e Growth Hacking. 3- Fases do Growth Márketing. 4- Activos e estratexias participantes. 5- Ferramentas 6- Casos de Éxito O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/Zt9dKDzmCWhwBK2Z7 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse