Axudas e subvencións

Beneficiarios: Con carácter xeneral, poderán beneficiarse das axudas as pemes (incluíndo microempresas e autónomos) segundo a definición recollida na Recomendación da Comisión 2003/361/CE de 6.5.03 (DOCE L 124 de 20.5.03) que teñan o seu domicilio social e/ou centro produtivo no ámbito de demarcación da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra.
Entidade: Consejo Superior de Cámaras de Comercio, Industria y Navegación de España
Plazo: As empresas poderán presentar a súa solicitude desde o día seguinte á publicación desta convocatoria (11 de agosto de 2014) ata que se comunique a finalización da convocatoria por cumprimento da cota establecida.
Estado: Finalizada
Web: http://www.camarapontevedra.com/innovaci%C3%B3n-y-tics/ticc%C3%A1maras/ticc%C3%A1maras-empresa.html

Descrición da axuda

Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas a empresas (micro, pequenas e medianas) e persoas inscritas no Réxime Especial de Traballadores Autónomos promovendo a participación concreta das pemes da demarcación cameral da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra no Plan de desenvolvemento tecnolóxico, que porá á súa disposición os servizos de Diagnóstico Asistido de TIC e Implantación detallados no capítulo IV, Conceptos e intensidade das axudas, desta convocatoria.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.

« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento