Axudas e subvencións

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios aquelas sociedades mercantís, que sexan pequenas, medianas ou microempresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de produto financeiro, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo 1.

c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.
Entidade: IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica
Financiación: * Importes mínimo e máximo O importe mínimo do préstamo será de 50.000 euros e o máximo de 200.000 euros. En ningún caso superará o 50% do custo do proxecto financiable.

* Prazos de amortización e de carencia Establécense dúas modalidades de prazo: a 8 e a 10 anos, ambas con 2 anos de carencia.

* Tipo de xuro:

-Tipo de referencia: Será a media do Euribor a 1 ano
- Marxe adicional: Ata o vencemento final do financiamento bancario complementario, a marxe adicional será de 0,5 puntos porcentuais.
Desde o vencemento do devandito financiamento bancario será de 3 puntos porcentuais.

O tipo de xuro será do 0% cando resulte negativo.

* Garantías: Non se requirirá a achega de garantías adicionais á responsabilidade da sociedade prestameira.
Plazo: 31/12/2019
Estado: Activa - Vixente
Web: http://www.igape.es/es/component/igpbdaxudas/ficha/IGAP329

Descrición da axuda

Apoiar financeiramente a pemes promovidas por emprendedores mediante préstamos a tipos de xuro reducidos, para que acometan os investimentos necesarios para a posta en marcha do negocio en Galicia.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.