Eventos

Buscador

    a
A análise de datos resulta fundamental á hora de definir estratexias no noso negocio. Tomar decisións correctas transformando datos en coñecemento axúdanos a obter mellores resultados con menos esforzo e, en definitiva, a ser máis felices. Este é o concepto do Data Driven Marketing: Estratexias baseadas na análise de datos. 

Neste obradoiro veremos exemplos nos que a analítica dixital é un piar fundamental no desenvolvemento de negocio, pero tamén en moitas disciplinas do márketing, axudando a tomar as mellores decisións en cada proxecto.

Contido:

- Importancia da Analítica Dixital
- Desenvolvemento de negocio baseado en datos
- SEO baseado en datos
- Redes Sociais baseadas en datos
- SEM baseado en datos
- Deseño baseado en datos
- Copywriting baseado en datos

O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.