Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste taller de Canva, totalmente práctico, veremos os aspectos máis esenciais do uso de Canva (gratuíto), desde o panel de inicio, que tipos de deseños poderíanse crear, ferramentas básicas de deseño, etc.

Ademais, veremos as novidades de Canva, desde o editor de vídeo, o cal está a se actualizar aos poucos, ata as novidades deste 2022. A idea é ver algúns trucos ou aspectos útiles á hora de crear contido para redes.

Os puntos que trataremos serán:
1. Inicio: Explicación
2. Deseños estáticos.
3. Animacións.
4. Vídeo.
5. Trucos e novidades.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.