Eventos

Buscador

    a
Pinterest permite navegar, descubrir e comprar. Fai que os nosos produtos inspiren aos usuarios e axuda a converter as ideas do noso público en realidade. Pinterest sábeo, e por iso incorpora funcionalidades especialmente creadas para que ti, como vendedor en liña, sáqueslle o máximo partido. Descobre neste taller como ser comerciante verificado en Pinterest, como subir o teu catálogo á plataforma e como facer que os teus contidos cheguen ao público correcto para conseguir máis vendas. Orientado a usuarios que xa coñezan Pinterest e queiran obter máis vendas na súa tenda en liña.

1.	O poder de Pinterest
2.	Como ser comerciante en Pinterest
3.	Atrae ao teu público obxectivo
4.	Mide o teu éxito
5.	Estratexias gañadoras


O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.