Eventos
Eventos
Buscador
10/01/2023 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. No mercado actual, ante o incremento da competencia a nivel global, debemos contar con negocios “cliente-céntricos”, é dicir, poñer ao cliente no centro da nosa estratexia. A xestión da relación cos clientes (Customer Relationship Management ou CRM) ofrece múltiples beneficios ás organizacións, permitíndolles xestionar o seu compromiso continuo e a interacción con clientes, clientes potenciais e socios estratéxicos. Os software CRM permiten realizar un seguimento exhaustivo e automatizar procesos, de forma que podamos achegar unha experiencia personalizada a cada un dos nosos clientes potenciais e clientes. Neste obradoiro aprenderemos como implementar o concepto CRM na nosa filosofía de traballo e como os software CRM axúdannos nesta tarefa. Índice: 1. Marketing relacional 2. O concepto CRM 3. Que é e como elixir un software CRM 4. Exemplos de software CRM O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xaneiro 2023 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
- Crea a túa páxina web con Elementor07 de xullo de 2025 11:00Máis información
- CRO: consegue que tu web venda (máis)08 de xullo de 2025 11:00Máis información
- Kit Dixital: como sacarlle o máximo proveito10 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Copywriting para web e redes sociais14 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Canva dende cero para impulsar o teu negocio15 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google16 de xullo de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento