Eventos
Eventos
Buscador
11/01/2023 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Coa irrupción do COVID 19 no ano 2020, moitas empresas, persoas traballadoras e autónomos víronse afectadas a desempeñar o seu traballo dende as súas casas. Con esta situación en remoto, as persoas profesionais tiveron que empregar ferramentas e técnicas de produtividade e rendemento no traballo que ata o de agora eran descoñecidas para elas. Neste obradoiro, aprenderás técnicas de produtividade e tamén cómo xestionar ferramentas que permitan transformar o traballo: Trello e outras apps de almacenamento, calendarización ou colaboración de tareas. En mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións I tratarase: 1) Teletraballo e produtividade 2) Trello O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Obradoiro presencial no Salón de Plenos do Concello de Moaña. Aprende como crear e traballar a túa base de clientes con Excel para segmentar a túa clientela e establecer estratexias e medidas para tentar fidelizar aos seus clientes e que repitan para o próximo ano. A través deste obradoiro presencial de 2 horas aprenderemos a exportar e recompilar todos os datos dos teus clientes nun Excel para logo poder traballar sobre datos e realizar campañas e ofertas con éxito. Ademais, veremos ideas para captar reservas directas sen pagar comisións. Índice de contido: 1. Que é a Fidelización no sector turístico? 2. Requisitos e condicións para fidelizar 3. Estratexias para fidelizar á túa clientela 4. Segmentación de clientes 5. Crear e Exportar os teus datos a Excel IMPORTANTE: asistir co teu computador persoal é conveniente para traballar sobre os datos do teu aloxamento. Necesitarás as claves das plataformas/programas que usas para alugar. O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xaneiro 2023 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
- Iniciación ao SEO I: conceptos, palabras clave e primeiros pasos10 de outubro de 2024 11:00Máis información
- Deseña facilmente imaxes impactantes e profesionais17 de outubro de 2024 17:00Máis información
- Optimiza a túa estratexia de email márketing con Benchmark Email28 de outubro de 2024 17:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento