Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha nova serie de obradoiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva.

“Ciberseguridade, Antivirus, actualización do software”, o obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer dous das contramedidas básicas que debemos tomar, a necesidade de ter todo o software actualizado para corrixir vulnerabilidades, a utilización e elección dun antivirus, cal e por que.

Índice de contido

- Actualización de software
- Antivirus, cal e por que

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Debido á gran expansión do sector turístico nas últimas décadas, a actividade turística xera diversos impactos nos destinos nos que se atopa presente, influíndo principalmente en tres áreas: a económica, a sociocultural e a ambiental. O principal obxectivo da xestión sostible é conter os impactos negativos, para minimizalos, e que se poidan compensar con medidas positivas. Os sistemas de xestión da sustentabilidade para empresas e destinos turísticos, son unha axuda para orientar ás entidades para establecer criterios de xestión sostible e unha ferramenta para acreditar o seu compromiso. A adhesión e o traballo nestes sistemas adoita reflectirse na obtención de certificacións ou selos que avalan o esforzo realizado nesta materia, para a diferenciación e poder comunicar o seu recoñecemento a todos os visitantes e outros actores implicados.

Contido: 

1. Introdución
2. ¿Qué e a sustentabilidade?
4. Selos e certificacións
5. Boas prácticas

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Elementor é un construtor gratuito de páxina de WordPress. Isto quere dicir que che permite crear sitios web de WordPress profesionais da forma máis doada e rápida posible, sen tocar código e sen saber de programación. Neste obradoiro aprenderemos a instalalo, configuralo e traballar con el para crear a nosa páxina web ou tenda dende 0.

Índice de contidos
1. Primeiros pasos
2. Instalación de WordPress e Elementor
3. Como deseñar con Elementor
4. Conclusións

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
02/02/2023 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha serie de catro obradoiros informativos sobre temas de máxima actualidade, todos teñen en común a tecnoloxía pola cal é posible que existan, a blockchain.
No primeiro destes obradoiros veremos en que consiste a tecnoloxía blockchain e como grazas a ela estamos ante o que se chama o internet do valor; unha forma de transmitir valor a través da rede.
No segundo obradoiro abordaremos o tema das criptomonedas, por que xorden e que podemos facer con elas, minado, trading, etc...
No terceiro desta serie de obradoiros falaremos da identidade dixital, en concreto do proxecto de identidade dixital da unión europea e como afecta isto directamente á xestión dos nosos datos. Falaremos tamén dos NFT, tentaremos achegar algo de luz sobre este tema, que son e para que serven.
Por último, no cuarto obradoiro abordaremos o tema do Metaverso, como intuímos que será, para que vai servir, estado actual de desenvolvemento e ademais visitaremos algún destes metaversos.

Índice:

1- Precedentes do Metaverso

2- Que é o Metaverso?

3- Tecnoloxías implicadas

4- Modelos de Metaversos

5- SandBox e Next Earth

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Presencial no punto SmartPeme de Vigo (Sede de Vigo Deputación de Pontevedra, Rúa Eduardo Chao,17, 36202 - Vigo)

A comunicación é a base de toda estratexia, e a comunicación efectiva a metodoloxía 
que logra de forma eficiente cerrar ventas, facendo rendibles os obxectivos de 
visibilidade, captación e fidelización de clientes.

Índice 
- Atención plena, observación e escoita activa 
- Todo comunica; corporalidade consciente (linguaxe non verbal) e linguaxe verbal 
- Comunicación asertiva para un entendemento efectivo
- O cliente, o máis importante? 
- Comunicación dentro da estratexia; persuasión admisible eticamente e empatía 
- Estratexias de visibilidade grazas á mellora da comunicación 
- Visibilidade máis alá das redes sociais

Isabel Rodríguez, consultora e coach empresarial, con 15 anos de experiencia, especializada na sustentabilidade de negocios, facéndoos rendibles a longo prazo a través das análisis económicas, da organización interna para unha xestión eficaz da actividade e da comunicación efectiva.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

O obxectivo deste taller é dar a coñecer a importancia de ter os nosos datos apoiados cunha copia de seguridade, non só pola posibilidade de ser vítima dun ransomware, senón tamén pola posibilidade de ter outro tipo de incidentes como un roubo, unha inundación ou unha subida de tensión na rede eléctrica.

Índice de contidos:

-Por que facer unha copia de seguridade.
-Copias de seguridade, Duplicati.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro presencial no Punto SmartPeme de O Porriño (Multicentro do Concello de O Porriño, Riveira s/n (Torneiros), 36410 - O Porriño).

A través da reorientación de negocios aportamos solucións de reorientación profesional ou reinvención do negocio, tendo en conta a demanda do mercado.

Analizamos qué propiciou o estancamento, cómo xestionar o cambio ou reinvención, a falta de apoios e as emocións que se xeran en dito proceso.

Índice:

- Cando tomar a decisión de cambio; pararse a pensar
- Reorientación profesional e/ou de negocio
- Cualidades fundamentais do avance; capacidade de anticipación, reacción, creatividade, flexibilidade e versatilidade
- Por onde empezo: factores internos e externos. Que propiciou o estancamento ou
decadencia
- Como xestionar as emocións negativas e positivas ademáis da posible falta de apoios
- Análise de situación, de recursos, e de necesidades
- Cambio de rumbo ou reinvención

Isabel Rodríguez, consultora e coach empresarial, con 15 anos de experiencia, especializada na sustentabilidade de negocios, facéndoos rendibles a longo prazo a través das análisis económicas, da organización interna para unha xestión eficaz da actividade e da comunicación efectiva.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Obradoiro no que coñeceremos en profundidade Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media.

Índice de contidos:
• Introdución
• Como crear unha conta en Pinterest
• Primeiros pasos
• Taboleiros
• Que é e como se engade un pin?
• Pinterest para negocios
• Recomendacións

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
YouTube é o segundo sitio web máis visitado do mundo, con case 2 mil millóns de usuarios activos mensuais. En todo caso, é necesario saber que as comunidades de YouTube son leais: cada persoas que se subscribe conta e forma parte do teu público obxectivo. Por iso, se estás pensando en crear a túa canle de YouTube ou necesitas optimizala, este taller darache as claves para poder promovela e así aumentar as túas reproduccións. Que aprenderás?

1.	Acadar máis visualizacións dos teus vídeos
2.	Acadar máis subscriptores
3.	Tips e consellos para a túa canle

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa

Inscricións a través da seguinte ligazón:
O obxectivo deste obradoiro é dobre, en primeiro lugar, comentar que é un obradoiro experimental, realizarémolo desde a plataforma Horizon Workroms nunha contorna virtual. Horizon Workroms é unha ferramenta que permite realizar reunións, eventos de empresa de modo presencial representado cun avatar ou de modo telemático mediante a pantalla do dispositivo. 

Unha vez que se mostren as principais características da ferramenta faremos unha breve introdución ás Intelixencias Artificiais que son capaces de xerar imaxes ou textos completos a partir dunhas indicacións Text to Image ou Text to text, veremos neste sentido Dall E-2 e ChatGPT ou GPT3.

É posible asistir a este evento de maneira virtual se o usuario dispón dun visor RV e unha conta de Workrooms, neste caso debe indicalo con antelación para incluílo na sala.
Se non se dispón de visor RV pódese asistir como convidado desde o PC, non vale dispositivo móbil, para o que uns minutos antes do evento enviaráselle unha invitación.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
1  2 3  Seguinte