Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Traballar o SEO é a mellor forma de que os usuarios de Google poidan atoparche por medio das procuras que realizan. Neste primeiro taller achegarémonos aos conceptos básicos que o compoñen e veremos o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores, aumentando así o tráfico de usuarios ou clientes.

Índice de contidos

1. Introdución e Conceptos Básicos SEO.
2. Que son e para que serven as palabras crave? Deseña a túa estratexia.
3. Factores SEO técnico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados).

Obradoiro dirixido a pemes e autónomos onde verá un curso básico de conceptos web, centrado na importancia dunha páxina profesional e as súas vantaxes como empresa, ademais do seu correcto posicionamento en internet mediante técnicas libres.

Índice de contidos:
1. Introdución conceptos básicos
2. Que é SEO / Técnicas de SEO
3. Posicionamento interno
4. Posicionamento externo
5. Penalidade do buscador
6. Ferramentas de SEO
7. Obradoiro de SEO

O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro, discutiremos como construír e fortalecer unha marca persoal sólida no ámbito dixital, especialmente a través de redes profesionais. O obxectivo é axudarche a posicionarte estratexicamente no mercado laboral, proxectando unha imaxe coherente, auténtica e aliñada cos teus obxectivos profesionais.

Índice de contidos: 
1. O poder da palabra
2. Importancia da rede
3. Recomendacións e suxestións para o CV.
4. Establecer unha estratexia de reputación dixital.
5. Coñecer o uso e manexo das redes profesionais.
6. Linkedin, Instagram e Facebook.

O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en comunicación e formadora acreditada; con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento.
A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Obradoiro telemático a través de Zoom.

Nesta sesión, exploraremos como a IA está a revolucionar a forma en que as empresas interactúan cos seus clientes e toman decisións estratéxicas no campo do márketing. Descubriremos como a IA pode impulsar a personalización, a segmentación e a automatización nas campañas de mercadotecnia, permitindo ás empresas alcanzar novos niveis de eficiencia e eficacia. Prepárate para mergullarte nun mundo de algoritmos intelixentes, aprendizaxe automática e análise de datos avanzada. Non importa se es un comerciante ou só tes curiosidade por saber como a IA está a cambiar o xogo.

Índice de contidos:
1. Introdución
2. Que é a IA e as súas orixes?
3. O impacto da IA ​​no marketing
4. Aplicacións da IA ​​en mercadotecnia
5. Ferramentas de IA dirixidas ao mundo do márketing

O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Paras a pensar no tempo que perdes en poder axustar e axenciar as citas dos teus clientes no teu negocio? A produtividade, ademais de aplicarse nas nosas tarefas máis sólidas, tamén aplica a estos tempos de organización do noso día a día, por iso, este obradoiro vaiche axudar a poder organizar o teu tempo e ter máis produtividade diaria. Coñeceremos a utilizar ferramentas online que nos axuden a automatizar estos procesos de calendarización de citas.

1. Vantaxes de usar Apps de automatización de citas
2. Tipos de Apps
3. Apps online para axenciar citas

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.	
A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados).

A fotografía de produto é o escaparate do noso local no mundo on- line, por iso debemos ser coidadosos á hora de realizar as nosas fotografías, coidar os detalles a luz e a composición son os factores máis importantes da nosa fotografía.

Da calidade da nosa imaxe dependerá a capacidade de aceptación ou desexo de consumir os nosos produtos ou servizos. Neste taller repasaremos as claves e os elementos que debemos utilizar para realizar unha boa fotografía de produto.

Índice de contidos:
1. Que é a fotografía de produto?
2. Claves para conseguir a fotografía perfecta.
3. Ferramentas e materiais para fotografía
4. Práctica de edición con programa on- line

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Obradoiro online a través de Zoom.

Descubre como a intelixencia artificial está revolucionando o deseño da impresión 3D. Exploraremos ferramentas e técnicas que usan algoritmos intelixentes para optimizar deseños, xerar formas complexas e personalizar obxectos de xeito innovador. Aumenta a túa creatividade en 3D coa IA!

Índice de contidos: 
1. Fundamentos da Intelixencia Artificial (IA)
2. Impresión 3D: conceptos básicos
3. Aplicacións de IA no deseño 3D
4. Ferramentas e plataformas impulsadas pola intelixencia artificial para o deseño 3D

O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Educación e Formación) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC e experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Administrador de redes e sistemas.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro veremos como as novas ferramentas de Intelixencia Artificial poden resultar moi útiles á hora de preparar a nosa estratexia de posicionamento en buscadores.

Índice de contidos:
1. Introdución: como me pode axudar a IA a facer SEO?
2. Busca de palabras clave
3. Creación e optimización de contidos
4. Metaetiquetas e SEO técnico
5. Ferramentas de intelixencia artificial para SEO
6. Conclusións: mitos e boas prácticas sobre a IA e o SEO

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Este obradoiro será presencial en Ponteareas (Plaza Mayor, 13; 36860 - Ponteareas).

Neste obradoiro afondaremos nos principios básicos da metodoloxía Lean Startup, un enfoque práctico e dinámico para crear e xestionar novos proxectos emprendedores. Aínda que o nome poida parecer complexo, veremos que os seus fundamentos son sinxelos e aplicables a calquera idea de negocio. Este obradoiro está pensado como un primeiro asesoramento emprendedor, cun enfoque participativo e accesible.

Índice de contidos:
1. Activa o "chip emprendedor"
2. Diferencia entre: saber o que vendes e identificar por que a xente está a mercar o teu produto.
3. Vendas e comunicación: claves do emprendemento.
4. Identificación de ferramentas Lean.

O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en comunicación e formadora acreditada; con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento.