Eventos
Eventos
Buscador
Neste obradoiro tratarase o tema da fotografía de alta calidade para inmobiliarias, empregando ópticas ultrangulares (opcións interesantes para capturar todo tipo de paisaxes, arquitectura ou escenas interiores) e fotografía HDR (técnica para procesar imaxes que busca abarcar o maior número de niveis de exposición en todas as zonas). Tamén, abordarase todo aquilo referido a elaboración de visitas virtuais baseadas en fotografía de 360º. Índice de contidos: 1º parte: Fotografía de alta calidade: Móbil vs Cámara. Kit de fotografía. Elixir óptica adecuada. Iluminación/ HDR Práctica. Procesado. 2º parte: Visita Virtual. Visita virtual. Vantaxes. Kit de fotografía virtual. Captura. Procesado-cosido. Creación de circuíto virtual. Publicación en distintos dispositivos. O obradoiro será impartido por Rubén Lázaro quen, desde o 2009, leva a cabo a realización de programas de TV. Actualmente, tamén se dedica á imaxe aérea con drone, gravación, operador Ronin e creación de contidos 360ª. Máis información dispoñible en vdevideo. com.
Na actualidade, dado o gran número de competidores grazas á globalización e accesibilidade que permite internet, as empresas necesitan chegar ao consumidor dunha maneira intelixente e emotiva para diferenciarse do resto. O Márketing de contidos busca atraer e reter aos clientes potenciais ofrecéndolles contido interesante e valioso co que sentan identificados e xeren unha empatía cara á marca. O taller céntrase nos aspectos que se deben ter en conta para postear nun horario adecuado ao cliente, ver de que maneira hai que dirixirse a el ou coidar os detalles de cada publicación para lograr a maior taxa de engagement posible. Índice de contidos Que é o márketing de contidos? Vantaxes de realizar unha estratexia baseada no márketing de contidos Formatos e horarios óptimos A importancia de ter un timming mensual Conclusións"" O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
14/06/2018 19:00
Índice de contidos Este obradoiro será impartido por Belén Quintana, técnico de márketing e comunicación con experiencia asesorando a diversas empresas en márketing dixital, xestión de redes sociais e comunicación.
Este obradoiro ten por obxectivos expor as vantaxes dunha xestión eficaz do tempo de cara a mellora da produtividade laboral, así como dar a coñecer as ferramentas adecuadas para esa xestión do tempo e a organización do traballo. Índice de contidos Contido: 1º Trello • Que é? • Por que empregalo? • Comezando con Trello 2º Outros xestores de proxectos e tarefas 3º TOGGL: Contador de tempo O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Marcas moi coñecidas teñen conseguido crearse unha identidade propia coas súas fotos destinadas a redes sociais, e outras mais pequenas ou menos coñecidas comezan a seguir unha estratexia entendendo que o esencial nas redes sociais e a imaxe creativa que logre captar a atención dos internautas. Neste taller proporcionarásete as ferramentas e ideas para que traballes as fotos do teu produto ou servizo para as redes sociais. Índice de contidos • A fotografía para comercio electrónico versus a fotografía para redes sociais • Humaniza os teus produtos ou servizos mediante imaxes sinxelas pero vistosas. • Os rostros da túa empresa: A foto corporativa • Como aumentar a conversión do teu negocio a través das fotos que se fan os teus clientes con teus produtos • Práctica O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Índice de contidos O obradoiro será impartido por José Luis Peñas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
Queres presentar de forma efectiva o teu proxecto en tan só 5 min? Tes tan só 5 min e tes que namorar á audiencia, non terás unha segunda oportunidade para crear unha boa primeira impresión , no taller aprenderás a traballar os 3 bloques craves para que che salga unha presentación espectacular. Índice de contidos: Bloque 1. Presentación visual Bo deseño de diapositivas Coñecer a materia Empezar e acabar con forza Coherencia e control do tempo Repeticións de palabras crave Bloque 2. Presentación corporal Conectar coa audiencia Movemento ,o adecuado Ritmo adecuado Interacción coa audiencia Control da voz Vestimenta acorde Bloque 3. Estuda o recinto Coñece ao teu público Comproba os medios Xestiona o tempo Comproba a contorna Palabras descoñecidas
Nesta segunda parte do obradoiro, trataranse todos os temas relacionados co uso de drons no sector das inmobiliarias. Abordarase contidos relacionados coa fotografía aérea con drons así como o vídeo aéreo, realizado tamén a través de drons. Índice de contidos: A chegada dos Drons. Aplicacións xerais dos Drons. Requisitos legais para traballar con Drons. Fotografía aérea con drons para inmobiliarias. Vídeo aéreo con drons, no sector inmobiliario. Resumo. O obradoiro será impartido por Rubén Lázaro quen, desde o 2009, leva a cabo a realización de programas de TV. Actualmente, tamén se dedica á imaxe aérea con drone, gravación, operador Ronin e creación de contidos 360ª. Máis información dispoñible en vdevideo. com.