Eventos
Eventos
Buscador
26/10/2022 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Un tema de especial relevancia dentro do mundo empresarial é o coñecemento dos produtos existentes para poder emprender con axuda das entidades financeiras. O taller inclúe unha sesión na que se expón definir as distintas opcións de financiamento, así como consellos para entender o seu funcionamento e aprender a saber cal é o produto idóneo en función das necesidades en cada momento da nosa traxectoria empresarial. CONTIDOS: •Introdución •Financiamento alleo a L/P: Préstamos a l/p, empréstitos, leasing, renting •Financiamento alleo a C/P: préstamos a c/P, créditos a c/p, créditos comerciais, desconto comercial, factoring e fontes de financiamento espontáneas O obradoiro será impartido por Paz Ares, Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo na especialidade de economía pública, cun Máster en Formación do profesorado pola Universidade de Vigo, e experiencia profesional no sector financeiro e educativo.
26/10/2022 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Paras a pensar no tempo que perdes en poder axustar e axenciar as citas dos teus clientes no teu negocio? A produtividade, ademais de aplicarse nas nosas tarefas máis sólidas, tamén aplica a estos tempos de organización do noso día a día, por iso, este obradoiro vaiche axudar a poder organizar o teu tempo e ter máis produtividade diaria. Coñeceremos a utilizar ferramentas online que nos axuden a automatizar estos procesos de calendarización de citas. 1. Vantaxes de usar Apps de automatización de citas 2. Tipos de Apps 3. Apps online para axenciar citas O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Rexistro
Calendario eventos
« | Outubro 2022 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 |
- Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet02 de xullo de 2025 11:00Máis información
- O teu plan de márketing dixital paso a paso03 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Crea a túa páxina web con Elementor07 de xullo de 2025 11:00Máis información
- CRO: consegue que tu web venda (máis)08 de xullo de 2025 11:00Máis información
- Kit Dixital: como sacarlle o máximo proveito10 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Copywriting para web e redes sociais14 de xullo de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento