Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Tes un negocio turístico con web? Queres darlle un impulso para que máis clientes atópenche? A solución é crear un blog turístico dentro da túa web. Poucos blogs interesan máis que os turísticos, aproveita ese interese para captar clientes cara á túa web.
Neste obradoiro aprenderemos:

1. Beneficios de implementar un blog
2. Como crear un blog turístico desde cero
3. Ideas para escribir posts no meu blog turístico
4. Aspectos a ter en conta para escribir no teu blog

O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Traballar o SEO é a mellor forma de que os usuarios de Google poidan atoparche por medio das procuras que realizan. Neste primeiro taller achegarémonos aos conceptos básicos que o compoñen e veremos o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores, aumentando así o tráfico de usuarios ou clientes.

Índice Contidos

1. Introdución e Conceptos Básicos SEO.
2. Que son e para que serven as palabras crave? Deseña a túa estratexia.
3. Factores SEO técnico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.

Calendario eventos