Eventos

Buscador

    a
Os obxectivos do obradoiro son coñecer as razóns e a motivación para crear unha empresa, así como os requisitos e as distintas teorías sobre a figura da persoa empresaria.

Doutra banda, definiremos a figura da persoa emprendedora e a súa capacidade para autoevaluarse. Por último, finalizaremos cos motivos e recomendacións para que unha persoa emprendedora comece un proxecto empresarial, con ou sen socios.

Índice:

1. A persoa traballadora por conta propia e allea
2. Requisitos e teorías da persoa empresaria
3. O espírito emprendedor
4. Características persoais das persoas emprendedoras
5. A idea de negocio
6. Persoa Autónoma ou con socios?

O obradoiro será impartido por Paz Ares, Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo na especialidade de economía pública, cun Máster en Formación do profesorado pola Universidade de Vigo, e experiencia profesional no sector financeiro e educativo.