Eventos

Buscador

    a
O turismo é unha industria moi dinámica e polo tanto unha das máis afectadas pola implantación das Tics e das primeiras en adoptar as estratexias e ferramentas do marketing dixital.
As ferramentas do marketing dixital son imprescindibles para calquera empresa turística con presencia na internet posto que nos axudan a detectar erros, aportannos información de valor e conseguen mellorar a nosa promoción e posicionamento.
Neste taller abordaremos as posibilidades que nos ofrecen ferramentas gratuitas ou con funcionalidades gratuitas para promocionar os produtos e servizos do sector turístico aforrándonos tempo e ofrecendo un servizo e imaxe de calidade

Contidos:
1. Introducción
2. Para qué podemos utilizar as ferramentas de marketing dixital.
3. Herramientas de marketing digital:
- De Google
- Para a planificación de publicacions en rrss,
- Para o tratamiento, optimización e geolocalización de imágenes.
- Para a creación de encuestas.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Los objetivos de este obradoiro son:
-Mellorar a competitividade das empresas creando unhas presentacións actuais e modernas
-Coñecer que é o márketing emocional e que uso ten nas presentacións comerciais
-Coñecer un instrumento de comunicación e vendas efectivo para as empresas
- Ofrecer ao cliente un storytelling do seu negocio

Índice
1. Que é o márketing emocional e que vantaxes ofrece?
2. Que é unha presentación comercial?
3. Partes dunha presentación comercial
4. Tipos e exemplos de presentacións comerciais
5. Práctica: Como crear a presentación comercial da miña empresa

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
O obxectivo deste obradoiro será dar a coñecer a relevancia e o peso que están a tomar a impresión 3D e a Robótica nas PEMES e o que SmartPeme esta facendo para facilitar o acceso a estas tecnoloxías a Pemes, autónomos ou profesionais.

Contido:
1. Introdución, industria 4.0
2. Tendencias da Impresión 3D na industria
3. Tendencias da Robótica na industria
4. SmartPeme Barro-Meis

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Índice de contidos

1. Crea o teu logotipo.
2. Deseña a papelería da marca.
3. Deseños para Redes Sociais.
4. Deseños para a páxina web.
5. Prácticas con Canva.


O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Este taller vai dirixido a pemes e autónomos que se dediquen á venda directa de produto (comerciantes polo miúdo) e que conten cunha tenda online. As campañas de Google Shopping permiten promocionar produtos directamente no buscador Google, ofrecendo aos usuarios información detallada sobre o que se vende antes de que fagan clic no anuncio

Contido:
- Que é Google Shopping
- Requisitos para anunciarse
- Políticas de anuncios de Shopping
- Configuración dunha conta en Google Merchant Center
- Crear un feed de produtos correcto
- Crear unha campaña de Shopping con grupos de produtos

Nivel: Iniciación (É preciso ter tenda en liña)

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade.

Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google.

Índice de contidos:
"• Google My business
o Que é?
o Servizos que oferta
o Como funciona?
o Vantaxes
• Google Adwords Express"
o Qué é?
o Como funciona?
o Vantaxes
• Diferenzas entre Google Adwords e Google Adwords Express
• Coste dos servizos

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.