Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

A AI aplicada ao recoñecemento de imaxes é un dos campos de aplicación máis interesantes desta tecnoloxía.
Iniciamos un novo itinerario formativo de Intelixencia Artificial cun formato mixto de tres talleres en liña e dúas prácticas presenciais no FAB LAB de Barro.
O obxectivo deste novo itinerario é o de iniciarse nos procesos de clasificación de imaxes empregando unha rede neuronal –ResNet 18 – e unha placa de desenvolvemento Jestson Nano.
Veremos en liña os conceptos necesarios e realizaremos 2 prácticas de 3 h. cada unha coa intención de que o usuario sexa capaz de configurar unha rede neuronal para as tarefas de clasificación de imaxes, recoñecemento de expresións faciais e o movemento autónomo dun robot de adestramento.
Expedirase un diploma de asistencia ao itinerario para o cal será necesario asistir ao 100% dos talleres.

1. Robótica con sensores
2. Robótica con AI
3. Clasificación de imágenes para evitar colisiones
4. Regresión de imágenes para seguir un camino

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.

Calendario eventos

« Decembro 2023 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento