Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Os infoprodutos son un negocio máis para moitos profesionais que deciden compartir os seus coñecementos e gañar diñeiro con eles. Neste obradoiro coñecerás que son os infoprodutos e como che poden axudar a crear un negocio que se xestiona de maneira automática. Aprenderemos os tipos de infoprodutos que existen actualmente no mercado en liña e cómo elaboralo seguindo uns pasos básicos que nos indicarán o seu éxito.

ÍNDICE

1. Que son os infoprodutos
2. Tipos de infoprodutos
3. Pasos básicos para crear un infoproduto

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.