Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Airbnb é unha plataforma en liña que se creou en 2008 en San Francisco, hoxe en día é unha das maiores páxinas de anuncios para alquileres vacacionais que existe, ainda que a presenza de aloxamentos hoteleiros está a incrementarse. Neste portal teñen presencia apartamentos, hoteis, casas rurais e incluso aloxamentos singulares, como caravanas ou cabanas. Igualmente é posible reservar una visita a unha adega, unha ruta gastronómica, a visita ao casco histórico dunha vila ou unha experiencia ou obradoiro virtual.
En este obradoiro adicado a persoas emprendedoras, autónomos e a empresas do sector turístico falaremos de cómo convertirse en anfitrión de aloxamentos e actividades e cales son as condicions e ventaxes de formar parte dunha plataforma dixital.

Contidos:

1. Introdución
2. Crear anuncios de aloxamentos en Airbnb
3. Crear anuncios de experiencias e actividades en Airbnb.
4. Optimización de nuncios
5. Boas prácticas.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.