Eventos
Eventos
Buscador
22/04/2024 10:30
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha nova serie de talleres de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. “Ciberseguridade, que é o Malware”, o obxectivo deste taller é dar a coñecer ao asistente que é o Malware, que tipos de Malware empregan os ciberdelincuentes, como podemos saber se estamos infectados ou como me infectei dun Malware. Índice de contido - Que é o Malware. - Tipos de Malware. - Como saber se estamos infectados. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.