Eventos
Eventos
Buscador
31/07/2018 19:00
O taller está dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que xestionan a súa actividade cunha folla de cálculo. Neste taller aprenderán formas sinxelas de relacionar a información das operacións diarias cos stock de mercadoría, mediante un exemplo práctico que tan só usa 9 fórmulas. Ademais poderás interpretar a marcha do teu negocio utilizando táboas e gráficos dinámicos. O taller está concibido para nivel inicial e intermedio. Índice de contidos: A importancia da xestión das operacións Uso de persoais en follas de cálculo Deconstrución do noso exemplo Análise dos resultados Plataformas de follas de cálculo alternativas O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
31/07/2018 19:00
Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web. A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas. Índice de contidos: • Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web • Como funciona Google Analytics? • Creación dunha conta • Creación e instalación do código de seguimento • Conceptos e métricas básicas • Informes estándar ¡Mans á obra! O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.