Eventos

Buscador

    a
14/11/2024 17:00
Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados).

Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o impacto que ten o Inbound Márketing como unha forma de achegarse ao usuario, esta técnica móstrase como un proceso de acompañamento ao cliente ao longo de todo o seu proceso de compra.

índice de contidos:

1. Que é Inbound Márketing
2. Beneficios do Inbound Márketing
3. Como se articula o Inbound Márketing
4. Márketing de atracción
5. Como crear a túa buyer persoa ideal
6. A importancia do funnel ou embudo de conversión
7. Tendencias en Inbound Márketing

O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés/Exposalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados).

Aprender as claves sobre copywriting para crear mensaxes estratéxicas que capturen a atención da túa audiencia en web e redes sociais, a través da exploración de técnicas de redacción que axudarán a comunicar o valor da túa marca.

Índice de contidos:

1. Que é o Copywriting?
2. Tipos de Copywriting
3. Como escribir un bo copy
4. Como usar o copywriting no meu web
5. Como usar o copywriting nas miñas redes sociais

O obradoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

O segundo obradoiro dedicado ao SEO tratará sobre os factores externos que afectan á nosa páxina web e que inflúen no seu posicionamento e veremos as mellores prácticas SEO e a forma de medilas con analítica web para comprender e mellorar os resultados.

Índice de contidos:

1. Factores SEO Semántico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización.
2. Acciones SEO fora da páxina web: ligazóns externas e estratexias de linkbuilding.
3. Introdución á analítica web e guía de boas prácticas á hora de posicionar a nosa web

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.