Eventos
Eventos
Buscador
10/10/2024 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Traballar o SEO é a mellor forma de que os usuarios de Google poidan atoparche por medio das procuras que realizan. Neste primeiro taller achegarémonos aos conceptos básicos que o compoñen e veremos o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores, aumentando así o tráfico de usuarios ou clientes. Índice de contidos 1. Introdución e Conceptos Básicos SEO. 2. Que son e para que serven as palabras crave? Deseña a túa estratexia. 3. Factores SEO técnico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
17/10/2024 17:00
Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados). Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos do uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía do deseño e usando unha nova ferramenta en liña para lograr realizar imaxes impactantes para as redes sociais ou calquera outro medio. Índice de contidos: 1. Principios esenciais do deseño para crear composicións fermosas e eficaces 2. Termos máis usados no deseño gráfico 3. Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe. 4. Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visualmente impresionantes. 5. Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual. 6. Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo aos seus deseños. 7. Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños. 8. Mostrámoslle como construír un kit de marca (imaxe corporativa) 9. Uso de ferramenta de deseño en liña (canva.com) O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
28/10/2024 17:00
Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados). Entender as relacións cos teus clientes é relevante, especialmente no mundo dixital. Este obradiro ten como obxectivo ver o uso adecuado do email márketing á hora de promocionar os nosos produtos e/o servizos, e xerar achega de valor aos nosos contidos. Introdución aos conceptos básicos do email márketing, a terminoloxía e as vantaxes da utilización dun software profesional. Ademais de entender as funcionalidades dos principais servizos de email márketing, aprenderemos a implantar a versión gratuíta de Benchmark Email. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado das mesmas. Índice de contidos: 1. Introdución ao e-mail Márketing. 2. Como deseñar unha estratexia de e-mail Márketing 3. Deseño en e-mail Márketing 4. Ferramentas 5. Recomendacións para crear campañas perfectas 6. Crea unha conta gratuíta en Benchmark Email 7. Crea unha campaña de email 8. Contidos: estrutura e persoais 9. Audiencia: público obxectivo 10. Informes O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
Rexistro
Calendario eventos
« | Outubro 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
- IA como ferramenta de márketing11 de decembro de 2024 17:00Máis información
- Inbound Márketing18 de decembro de 2024 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento