Eventos
Eventos
Buscador
05/06/2018 19:00
Este obradoiro ten como obxectivo dar a coñecer diversas ferramentas de xestión e monitorización para as diferentes redes sociais nas que teña presenza a empresa. Estas ferramentas permiten a optimización de recursos e fan máis sinxela e eficiente a execución do plan de redes sociaisda empresa. Analizarase en profundidade a ferramenta Hootsuite, unha das más populares en la gestión unificada de varios perfiles de empresa, ademais de ferramentas específicas con particularidades para cada rede social. Índice de contidos • Introdución: Necesidade de ferramentas de xestión e as súas características • Ferramenta de xestión unificada: Hootsuite • Funcionalidades • Comeza a utilizar Hootsuite coas túas redes sociais O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."
05/06/2018 19:00
Neste obradoiro explicarase que é e para que serve un logotipo. Recorreranse as características que debe ter un bo deseño e axustaremos as formas, tipografías e cores segundo o que queremos comunicar da nosa empresa. Aplicarase todo de forma práctica en Canva, onde todos crearán un deseño de logo real. Para isto é necesario ter unha conta creada en www.canva.com , ferramenta online e gratuíta de deseño. Índice de contidos • Que é, que importancia ten e que representa un logo. • Características principais que debe ter. • Analizar antes de deseñar. • Que tipografías y cores escoller. • Práctica, deseño de logotipo con canva. • Consellos finais. O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
05/06/2018 19:00
Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web. A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas. Índice de contidos • Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web • Como funciona Google Analytics? • Creación dunha conta • Creación e instalación do código de seguimento • Conceptos e métricas básicas • Informes estándar ¡Mans á obra! O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
05/06/2018 19:00
O obxectivo deste taller e proporcionar a autónomos emprendedores e pequenas empresas guías e solucións para que poidan mellorar significativamente a seguridade dos seus equipos informáticos dándolles un uso adecuado. O taller esta orientado a empleados de pequenas empresas, emprendedores e autónomos con coñecementos básicos de informática, coa intención de fomentar unha cultura de Seguridade Informática adecuada. Índice de contidos 1º Seguridade informática • Principios da seguridade informática: confidencialidade, integridade e dispoñibilidade • Protección de usuarios equipos e datos • Copias de seguridade: estratexias e planificación • Boas practicas e consellos • Caixa de ferramentas 2º Seguridade na rede • Que é un hacker? Tipos de hackers que debes coñecer • Perigos na rede: Tipos de malware infeccioso, malware oculto e malware para obter beneficio • Correos electrónicos: problemáticas e perigos • Boas practicas e consellos • Caixa de ferramentas 3º Seguridade nas comunicacións • Identidades na rede • Autenticación, claves e contrasinais • Perigos nas comunicacións: redes sociais, chats, cámara web, fotografías • Boas practicas e consellos • Caixa de ferramentas O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
05/06/2018 19:00
O obradoiro está orientado a axudar as empresas e autónomos a coñecer os recursos e as ferramentas informáticas máis comúns para a mellora da xestión e funcionamento do seu negocio. Índice de contidos 1.- Os diferentes dispositivos. 2.- Sistemas IOS, Android. 3.- As app’s. 4.- Conectividad Wi-fi y “x”G. 5.- App´s de Movilidad: • Correo electrónico, contactos e calendarios (Gmail, Outlook.com) • Almacenamiento na nube (DropBox, Google Drive, OneDrive) • Google Maps • Google Earth • Google Calender • Google Traductor • Banca Electrónica • Videoconferencia (Facetime, Skype, Hangouts) • Geolocalización • Video vixilancia, cámaras IP • Invoice2Go (facturas dende a nube) • Imprimir dende o móvil • Control Remoto (RDP) (Teamviewer, Logmein) • App’s de pago e gratuitas. O obradoiro será impartido por José Luis Peñas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
05/06/2018 19:00
Neste taller veremos como integrar o vídeo na túa estratexia de marketing online, recomendacións para realizar vídeos que provoquen engagement entre a túa audiencia e cales son as redes sociais (YouTube, Periscope, Facebook...) que che facilitaran a tarefa de difundilos. Índice de contidos • Vídeo marketing y razóns polas que incluílo na túa estratexia • Youtube • Periscope • Vídeo noutras redes sociais: Facebook, etc. • Aspectos técnicos e estéticos para a realización de vídeos O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
07/06/2018 17:00
Neste obradoiro búscase orientar as empresas e autónomos cara a unha mellora dos seus sistemas de almacenaxe actuais a través dos novos servizos ofrecidos na internet, xa que o uso desta ferramenta permítelle á empresa reducir os seus custos e garantir un mellor tempo de actividade dos servizos mencionados. Índice de contidos • A nube: concepto e analoxías • Por que almacenar na nube? • Vantaxes e desvantaxes • Dropbox • Vinculación de conta • Google Drive • OneDrive • Box Este obradoiro será impartido por Belén Quintana, técnico de márketing e comunicación con experiencia asesorando a diversas empresas en márketing dixital, xestión de redes sociais e comunicación.
Este obradoiro ten por obxectivos expor as vantaxes dunha xestión eficaz do tempo de cara a mellora da produtividade laboral, así como dar a coñecer as ferramentas adecuadas para esa xestión do tempo e a organización do traballo. Índice de contidos Contido: 1º Trello • Que é? • Por que empregalo? • Comezando con Trello 2º Outros xestores de proxectos e tarefas 3º TOGGL: Contador de tempo O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Curso básico sobre conceptos de web, enfocado na importancia dunha páxina profesional e os seus beneficios como empresa e o seu correcto posicionamento en internet a través de técnicas gratuítas. Índice de contidos • Conceptos básicos • Dominios, hosting… • Para que podo utilizar un dominio • .com vs. .es e outras extensións • Presenza en internet: • Beneficios • ¿Como o logramos? • SEO • Posicionamento interno • Posicionamento externo • Penalización en motores de procura O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Na actualidade, dado o gran número de competidores grazas á globalización e accesibilidade que permite internet, as empresas necesitan chegar ao consumidor dunha maneira intelixente e emotiva para diferenciarse do resto. O Márketing de contidos busca atraer e reter aos clientes potenciais ofrecéndolles contido interesante e valioso co que sentan identificados e xeren unha empatía cara á marca. O taller céntrase nos aspectos que se deben ter en conta para postear nun horario adecuado ao cliente, ver de que maneira hai que dirixirse a el ou coidar os detalles de cada publicación para lograr a maior taxa de engagement posible. Índice de contidos Que é o márketing de contidos? Vantaxes de realizar unha estratexia baseada no márketing de contidos Formatos e horarios óptimos A importancia de ter un timming mensual Conclusións" O obradoiro será impartido por José Luis Peñas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico. "