Eventos
Eventos
Buscador
25/03/2024 10:30
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha nova serie de obradoiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. “Ciberseguridade, dispositivos móbiles”, o obxectivo deste obradoiro é o de ver a importancia de protexer os dispositivos móbiles, cada vez somos máis dixitais e a tendencia é que os dispositivos móbiles están a desprazar aos PC na xestión cotiá no noso negocio, por tanto cobra unha especial relevancia o protexelos da mellor maneira posible. Índice de contido: -Consideracións sobre PC e dispositivos móbiles -Como protexer os dispositivos móbiles O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
27/03/2024 12:00
Taller telemático vía Zoom. “Reciclando Plástico con Aventura Plástica” é un obradoiro divulgativo co obxectivo de concienciar sobre a problemática do plástico, para iso contamos con Alba e Fabián que son o alma mater de Aventura Plástica, proxecto que levan impartindo dende 2018 nunha forma divertida e práctica de reducir e transformar os residuos plásticos no medio ambiente, así como de concienciar sobre o problema do plástico, un problema global que nos afecta a todos.