Eventos
Eventos
Buscador
05/10/2021 11:00
No mes de outubro iniciamos un novo itinerario de Fabricación Dixital cun formato mixto, haberá talleres en liña e practicas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. O obxectivo é o de dar a coñecer e familiarizarse coas tecnoloxías implicadas nun proceso de fabricación dixital, non só a nivel teórico, senón que facemos especial fincapé en que o asistente teña un contacto real coa tecnoloxía e que poida experimentar con ela, que sexa capaz de deseñar unha peza en 3D e póidaa fabricar no Fab Lab en por si. O itinerario consta dun total de 50 h de formación. 30 horas de formación en liña onde se verán: Debuxo 3D con Onshape – 16 h Impresoras 3D de filamento, materiais - 8 h Impresoras 3D de resina, materiais – 4 h Escáner 3D – 2 h 20 horas de prácticas no Fab Lab Impresoras 3D filamento – 8 h Impresoras 3D resina – 8 h Escaneo 3D – 4 h Non é necesaria experiencia previa, o itinerario parte desde cero e dará comezo o día 5 de outubro e finalizará o 14 de decembro cunha cadencia de dous talleres semanais os martes e os xoves. Aforo limitado. Prazas dispoñibles 12. Estará dispoñible un certificado de asistencia ao itinerario onde se reflicten as horas de formación recibida e o temario detallado impartido. Para a obtención do devandito certificado é necesario asistir ao 75 % da formación en liña e ao 100% da formación presencial. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
05/10/2021 18:00
Obradoiro telemático a través de Zoom As persoas consumidoras de hoxe en día sinten que as cuestións éticas son cada vez máis importantes. Tanto é así, que estas mesmas persoas apoian firmemente ás empresas que incorporan valores significativos na súa actividade principal. Neste Obradoiro, analizaremos de cerca a sostibilidade e como se desenvolve tanto para os negocios como para o marketing. Como son as empresas sostibles e como pode o marketing sostible axudalas a ter éxito? ÍNDICE: 1. Que é o marketing sostible 2. Boas prácticas 3. Casos de éxito O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. Inscricións a través da seguinte ligazón:
06/10/2021 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Índice de contidos 1. Definición de Turismo Sostible 2. Axenda 2030 4. Acreditacións 5. Boas prácticas en turismo O taller será impartido por Mariana Rosa, Técnica superior en Axencia de viaxes e xestión de eventos e Graduada en Turismo, que conta cunha gran experiencia no ámbito da comunicación turística e os seus beneficios para este sector. Inscricións a través da seguinte ligazón:
06/10/2021 18:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. O obxectivo deste taller e que aprendas como mellorar as túas fotos, como aproveitar a luz natural e artificial que baña a escena, cales son os puntos de vista en altura e posición que diferencian unha imaxe doutra, como elaborar una presentación de fotos e vídeos para subila a túa paxina de YouTube. Índice de contidos • Que é a fotografía de interiores? • Tipos de cámaras. • Preparar os espazo antes de disparar • Luz que baña un espazo • Perspectiva e liñas no espazo • Edición • Pautas para gravar un vídeo O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa. Inscricións a través da seguinte ligazón:
07/10/2021 11:00
No mes de outubro iniciamos un novo itinerario de Fabricación Dixital cun formato mixto, haberá talleres en liña e practicas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. O obxectivo é o de dar a coñecer e familiarizarse coas tecnoloxías implicadas nun proceso de fabricación dixital, non só a nivel teórico, senón que facemos especial fincapé en que o asistente teña un contacto real coa tecnoloxía e que poida experimentar con ela, que sexa capaz de deseñar unha peza en 3D e póidaa fabricar no Fab Lab en por si. O itinerario consta dun total de 50 h de formación. 30 horas de formación en liña onde se verán: Debuxo 3D con Onshape – 16 h Impresoras 3D de filamento, materiais - 8 h Impresoras 3D de resina, materiais – 4 h Escáner 3D – 2 h 20 horas de prácticas no Fab Lab Impresoras 3D filamento – 8 h Impresoras 3D resina – 8 h Escaneo 3D – 4 h Non é necesaria experiencia previa, o itinerario parte desde cero e dará comezo o día 5 de outubro e finalizará o 14 de decembro cunha cadencia de dous talleres semanais os martes e os xoves. Aforo limitado. Prazas dispoñibles 12. Estará dispoñible un certificado de asistencia ao itinerario onde se reflicten as horas de formación recibida e o temario detallado impartido. Para a obtención do devandito certificado é necesario asistir ao 75 % da formación en liña e ao 100% da formación presencial. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
07/10/2021 18:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Obtén o valor dos teus datos con Google Data Studio Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google; e outras plataformas e formatos externas, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos en tempo real. Contido: 1. Que é Google Data Studio? 2. Primeiros pasos para configurar Google Data Studio 3. Coñecendo o editor de Google Data Studio 4. Crear informes a partir dun persoal 5. Crear informes personalizados desde cero + informes en PDF 6. Limitacións de Google Data Studio + Resumo Nivel: Intermedio O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce. Inscricións a través da seguinte ligazón:
13/10/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. De uso sinxelo e cun gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cercana formando unha comunidade activa arredor da mesma. Neste taller adentrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. Índice de contidos • Por que a miña empresa debería estar en Instagram? • Instagram: a base • O perfil de empresa en Instagram Nivel: iniciación O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Inscricións a través da seguinte ligazón:
13/10/2021 18:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Contidos: Que é o Copywriting? Tipos de Copywriting Como escribir un bo copy Como usar o copywriting na miña web Como usar o copywriting nas miñas redes sociais O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
14/10/2021 11:00
No mes de outubro iniciamos un novo itinerario de Fabricación Dixital cun formato mixto, haberá talleres en liña e practicas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. O obxectivo é o de dar a coñecer e familiarizarse coas tecnoloxías implicadas nun proceso de fabricación dixital, non só a nivel teórico, senón que facemos especial fincapé en que o asistente teña un contacto real coa tecnoloxía e que poida experimentar con ela, que sexa capaz de deseñar unha peza en 3D e póidaa fabricar no Fab Lab en por si. O itinerario consta dun total de 50 h de formación. 30 horas de formación en liña onde se verán: Debuxo 3D con Onshape – 16 h Impresoras 3D de filamento, materiais - 8 h Impresoras 3D de resina, materiais – 4 h Escáner 3D – 2 h 20 horas de prácticas no Fab Lab Impresoras 3D filamento – 8 h Impresoras 3D resina – 8 h Escaneo 3D – 4 h Non é necesaria experiencia previa, o itinerario parte desde cero e dará comezo o día 5 de outubro e finalizará o 14 de decembro cunha cadencia de dous talleres semanais os martes e os xoves. Aforo limitado. Prazas dispoñibles 12. Estará dispoñible un certificado de asistencia ao itinerario onde se reflicten as horas de formación recibida e o temario detallado impartido. Para a obtención do devandito certificado é necesario asistir ao 75 % da formación en liña e ao 100% da formación presencial. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
14/10/2021 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Ter instalado un sistema de reservas e dispoñibilidade online na nosa páxina web fará que o noso negocio turístico aumente a súa visibilidade e éxito na internet. Así atraerermos máis turistas, que poderán reservar antes o noso aloxamento, actividades ou servizos turísticos, coa fiabilidade de unha reserva e dispoñibilidade asegurada. Deste xeito a nosa páxina web será unha plataforma interactiva de vendas para aforrar tempo e incrementar os beneficios. Contidos: ¿Qué é un motor de reservas? ¿Qué é un channel manager? Vantaxes de dispor de un sistema de reservas e dispoñibilidade online. Exemplos de sistemas de reservas para negocios turísticos e as súas funcionalidades. Nivel: Intermedio O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.