Eventos
Eventos
Buscador
01/06/2017 19:00
Este obradoiro ten como obxectivo presentar as funcionalidades e principais características de diferentes plataformas online para crear e xestionar e-commerce. Índice de contidos • E-commerce: creación e xestión online • Shopify • Oleoshop • Comandia Shop • Tendas creadas con estas plataformas • Plataformas E-commerce online. Outros exemplos • E-commerce. Información adicional O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce
02/06/2017 19:00
O obxectivo deste taller e que aprendas como mellorar as túas fotos, como aproveitar a luz natural e artificial que baña a escena, cales son os puntos de vista en altura e posición que diferencian unha imaxe doutra, como elaborar una presentación de fotos e vídeos para subila a túa paxina de YouTube. Índice de contidos • Que é la fotografía de interiores? • Tipos de cámaras. Pódese fotografar desde o móbil? • Preparar os espazo antes de disparar. Que é o Home Staging? • Como é a luz que baña unha escena? Aprende a mirar un espazo. • Postproducción: as imaxes deben pasar polo “quirófano” • Pautas para gravar un vídeo. Estilos e tipos de vídeos. Planos, ángulos e movementos de cámara. • Aplicacións ou Softwares máis usados para preparar presentacións con fotografías e vídeos. O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
05/06/2017 19:00
Neste obradoiro explicanse as vantaxes da implantación dun xestor documental intelixente Índice de contidos • Que é a xestión documental • Por que dixitalizar documentos. Beneficios • Especificacións • Selados, avisos e notas • Indexación y multiformato • Fluxo de traballo • Dixitalización certificada • Grampado desgrampado, conversores • Importación de estruturas O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
06/06/2017 19:00
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas. Índice de contidos • Introdución ao E-mail Marketing • Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing • Deseño en E-mail Marketing • Ferramentas • Recomendacións para crear campañas perfectas O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
06/06/2017 19:00
"Neste taller aprenderás as cuestións básicas para fotografar un vehículo cun móbil ou unha cámara profesional en modo manual. Coñecerás tamén que hora do día é a mellor para fotografalos así como o proceso dixital para eliminar brillos. Na fase final do taller aprenderase como adaptar a imaxe a formato web e deste modo mellorar a súa visualización e carga unha vez publicada. Índice de contidos Preparar o vehículo para a sesión fotográfica. Coñecementos básicos de fotografía para o móbil e cámara profesional. A localización ¿Que fondo usar para que o coche destaque? O foto reportaxe ¿Cantas fotografías tomar e que planos usar para describir un vehículo? Os mellores momentos do día e por que. Que é o raw , e por que é necesario. Retoque dixital – Horquillado e HDR para mellorar a exposición Preparación de la foto para subila a internet. Práctica. O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo."
Obradoiro dirixido a pemes e autónomos que queiran potenciar a rede social de Facebook para a consecución dos seus obxectivos, como a posta en marcha de promocións, o aumento de persoas seguidoras ou mesmo a creación dunha tenda en liña. No obradoiro aprenderás a alcanzar estes obxectivos a través destas aplicacións externas, que se integran perfectamente na rede social. Índice de contidos • Introdución • Crear novas aplicacións e pestanas en Facebook • Práctica: “Crear unha pequena tenda en liña en Facebook” • CoolTabs • EasyPromos • Trisocial • Tuapli
06/06/2017 19:00
Neste obradoiro aprenderemos a sacarlle moito máis partido á nosa conta de Google, xa que non só é unha conta de correo baixo o dominio gmail.com, senón que desde a versión web de Gmail se poden xestionar todas as contas de correo que queiramos, incluso as corporativas da nosa organización. Ademais, esta ferramenta pode ser a nosa base de datos de clientes, xa que dispón dunha axenda de contactos moi áxil e robusta. Todo isto está accesible a través da nube, desde calquera parte e en calquera momento. Índice de contidos • A miña conta de correo de Gmail • Gmail versión web como xestor de contas de correo electrónico Configuro para recibir e enviar correos desde as contas que queira • Xestiono os meus emails de empresa • Configuro as miñas firmas corporativas nos correos • Axenda de contactos que me facilita a comunicación con provedores e clientes • Configuración de contas en IOS e Android O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce
Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, preténdese dar unha visión inicial sobra a publicidade de pago no buscador Google. Daranse as claves para realizar unha campaña de éxito tendo en conta parámetros como, por exemplo, efectividade, medición, conversión e optimización. Trátase de accións publicitarias para os que queiran dirixir tráfico á súa páxina web pagando por aparecer nos primeiros lugares do buscador con ligazóns patrocinadas, ou ben noutros portais web, de forma segmentada e dirixida. Índice de contidos • Introdución • Crea a campaña • Grupos de anuncios • Palabras clave • Crea os anuncios • Establece o orzamento • A poxa • Realiza un seguimento das conversións • Interpreta os datos • Optimiza as campañas O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
07/06/2017 19:00
Este taller ten como obxectivo mostrar as comodidades e vantaxes da factura electrónica que xa é unha alternativa legal á factura tradicional en papel. Ao ser en formato electrónico, permítenos automatizar o proceso de facturación facilmente, o que nos vai a economizar e axilizar a xestión, mellorando incluso o proceso de cobro. Permitiranos economizar: tempo, papel, espazo de almacenamento, etc.; aumentando a competitividade da nosa empresa, dando unha mellor imaxe e servizo aos nosos clientes. Índice de contidos • Que é unha factura electrónica? • Normativa da factura electrónica. • Novidades 2015: Administración Pública e actividade privada. • Obrigacións do emisor dunha factura electrónica. • Obrigacións do receptor dunha factura electrónica. • Vantaxes da facturación electrónica. • Que formato débese usar para a factura electrónica? • Xerando unha factura electrónica. • Preguntas frecuentes sobre a factura electrónica. O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Este obradoiro pretender mostrar aos produtores as diferentes opcións que existen para a venda dos seus produtos de forma online sen intermediarios. Presentarase o modelo de venda e as características das principais plataformas adecuadas aos produtos de alimentación, coa principal vantaxe de que a venda se realiza de forma directa ao consumidor final. Índice de contidos • Introdución ao modelo de venda online sen intermediarios • Vantaxes e desvantaxes • Plataformas adecuadas para a venda de produtos de alimentación • Recomendacións O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.