Primeiros pasos con Google Analytics 4

Data Inicio:  30/06/2021 18:00    
Data Fin:  30/06/2021 19:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Google Analytics evolucionou. O modo no que Google recompila a información dos usuarios que acceden á nosa web e o modo no que nola mostra para a súa análise, cambiou para sempre. Esta evolución materialízase nunha nova ferramenta: Google Analytics 4. Este obradoiros realiza unha primeira aproximación a esta ferramenta, fundamental para calquera sitio web. Poñeranse de manifesto as diferenzas co actual Google Analytics (Universal), veremos como configurala e como comezar a sacarlle partido, de modo que nos axude na toma de decisións do noso negocio.

Índice:
1.	Google Analytics: Comparativa de versións
2.	Crear propiedade de Google Analytics 4
3.	Interface, informes e configuracións recomendadas
4.	Comprende aos visitantes da túa web

O obradoiro será impartido por Esther  Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Url do Evento: https://forms.gle/eaT5vJdkyhEz1nNG6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Agosto 2021 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento