Ponteareas - Crea unha páxina profesional con WordPress

Data Inicio:  12/02/2019 18:00    
Data Fin:  12/02/2019 21:00 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece  WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado.

Índice de contidos:
1- Instalación de  WordPress
2- Configuración básica
3- Manexo dos temas
4- Engadir entradas ao blogue
5- Engadir páxinas
6- Xestión de  plugins e  widgets
7- Xestionar comentarios
8- Actualizacións
9- Formularios
10- Copias de seguridade

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse