Xera unha estratexia de contido gañadora con ChatGPT (AI)

Data Inicio:  23/04/2025 12:00    
Data Fin:  23/04/2025 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Resúltache difícil xerar contido atractivo para as redes sociais? Non sabes por onde comezar coa túa estratexia dixital? Neste obradoiro práctico descubrirás como utilizar a Intelixencia Artificial (traballaremos con ChatGPT) para crear unha estratexia de contido sólida e adaptada ao teu negocio. Aprenderás a identificar o teu cliente ideal, definir os teus piares de contido e xerar publicacións que conecten coa túa audiencia. 

Índice de contidos: 
1. Introdución ao poder da IA ​​no marketing dixital.
2. Coñecer o teu cliente ideal.
3. Creación de piares de contidos.
4. Xeración rápida de contido listo para publicar.
5. O teu primeiro calendario de contidos.

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Url do Evento: https://forms.gle/PJEtMPnuFfjF1y277
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse